A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Coluga presenta a agricultores da Limia un novo fertilizante que incrementa a produción de pataca

Coluga presenta a agricultores da Limia un novo fertilizante que incrementa a produción de pataca

Xornada de presentación na planta de Fabrisa.

Un total de 40 agricultores da Limia, a principal comarca produtora de pataca de Galicia, coñeceron de primeira man os resultados dun estudo sobre o novo fertilizante M System Met, que permite incrementar a produción de pataca ata nun 18%. Creado a partir do coñecemento técnico e a experiencia dos profesionais de Coluga, empresa de referencia no sector agrícola e gandeiro, M System Met presenta unha formulación especial, integrando elementos engadidos como o boro e o magnesio, e que na práctica xeran maior vexetación, máis tubérculos por pataca e menor destrío (pataca que non serve para o consumo).

Os datos que desprende o estudo realizado nunha explotación de Xinzo de Limia auguran rendementos de produción que xerarían incrementos económicos superiores aos 1.000 euros por hectárea, aínda que hai que estudar ben antes o potencial de cada explotación. “Estamos a falar dun produto innovador, que aumenta a asimilación dos nutrientes do fertilizante e do solo e que ofrece ao agricultor unha oportunidade para gañar produtividade”, explica Manuel Crespo, director comercial de Coluga.

Coluga introducirá no mercado novos fertilizantes especiais

A presentación de M System Met enmarcouse nunha xornada técnica celebrada en Betanzos nas instalacións de Fabrisa, a principal base loxística do Grupo Soaga en Galicia e que fornece a Coluga, cunha capacidade de almacenamento a granel de 35.000 toneladas e un ritmo de envasado de 100 toneladas/hora.

Tras percorrer a planta, que está especializada na loxística de almacenamento, envasado e transporte de fertilizantes e produtos destinados ao sector agrícola, os agricultores coñeceron da man de Jesús López, director de Operacións de Grupo Soaga, as liñas de actuación de Fabrisa para este 2018 e a nova Visión e Valores da compañía. Unha reivención que aposta polo liderado do sector agropecuario na península ibérica, ofrecendo “solucións innovadoras que xeren valor a través do asesoramento”.

Nesta liña enmárcase precisamente a introdución no mercado por parte de Coluga de novos produtos especiais con selo propio, centrados nas novas necesidades do agricultor, ou os acordos con firmas referentes en innovacion como Huma Gro para a distribución da súa liña de solucións, presentada tamén durante a xornada, e que demostrou ter unha gran eficiencia en comparación cos fertilizantes convencionais.

Visita ás instalacións de Fabrisa: 

Coluga 2_fertilizantes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *