A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech actualiza a súa páxina web sobre micotoxinas

Alltech actualiza a súa páxina web sobre micotoxinas

Atendendo ás suxestións dos agricultores e dos gandeiros,  e tras varios meses de desenvolvemento e de probas, o Equipo de Xestión de Micotoxinas de Alltech relanzou unha versión actualizada da páxina web knowmycotoxins.com.

“Redeseñamos esta páxina web para que sexa unha ferramenta útil para os agricultores e os gandeiros, os nutricionistas e os expertos de sectores afíns. Agora, esta páxina é rica en recursos para todas as especies, e está dispoñible unha versión para dispositivos móbiles que facilita o seu acceso a nivel de campo, que á fin e ao cabo é onde se desenvolve a industria agroalimentaria”, comentou Jonathan Younger, director de márketing global para o Equipo do Programa de Xestión de Micotoxinas de Alltech. “Mentres mantemos a nosa identidade de marca global, remodelamos completamente a presentación da nosa páxina web, guiándonos por tres principios: funcionalidade, facilidade de uso e innovación”.

Orixinalmente estreada en 2007, a nosa páxina web foi redeseñada para facilitar unha mellor experiencia lectora, garantindo que dita páxina sexa óptima para smartphones e tablets, ademais de dedicar unha parte desta páxina a unha sección con  abundantes recursos, coa información sobre as análises de micotoxinas máis recentes,  para ver e descargar. Centrada totalmente en inxectar sinxeleza nun ámbito complexo do coñecemento, knowmycotoxins.com aspira a ser un destino útil para aqueles interesados en saber máis sobre a ameaza global das micotoxinas.

As micotoxinas son sustancias naturais producidas por fungos e son comúns no ambiente agropecuario, sobrevivindo en moi diferentes tipos de fontes de pensos. Ata a data, identificáronse máis de 500 micotoxinas diferentes, e a maior parte dos pensos para animais están – contaminados con múltiples micotoxinas, constituíndo unha ameaza para a saúde e o rendemento dos mesmos.

O crecemento de fungos e a produción de micotoxinas ven claramente favorecidos pola calor e a presenza de humidade. Con todo, as micotoxinas tamén poden aparecer por outros factores que provocan tensións nas plantas, como a seca.

knowmycotoxins.com, co respaldo do Equipo do Programa de Xestión de Micotoxinas de Alltech, esfórzase na formación do sector dos pensos para animais, co fin de minimizar as repercusións das micotoxinas nos pensos. A páxina web servirá como plataforma para compartir a información máis recente en noticias referentes ás micotoxinas, á investigación, aos ensaios analíticos realizados dentro do Programa 37+® de Alltech para a análise de micotoxinas e a un campo completo de solucións xeradas para unha mellor xestión.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información