Xornada técnica sobre cultivo de millo e pradeiras na Galicia interior

Xornada técnica sobre cultivo de millo e pradeiras na Galicia interior

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) organiza este xoves, 20 de decembro, na Finca Robles, no concello lucense da Pobra do Brollón unha xornada técnica de transferencia sobre “Rotacións forraxeiras en terras da Galicia interior”.

A asistencia é gratuíta a esta xornada na que se exporán os resultados dos campos de cultivo de ensaio realizados grazas á colaboración entre o CIAM, a cooperativa AIRA, a Fundación José Luis Taboada e a gandería SAT Torneiros.

A xornada está dirixida a gandeiros, técnicos e público en xeral interesado no tema, que deberá enviar un correo a [email protected] indicando asistencia.

Programa:

-11.30-12.00 “Resumo dos traballos dos últimos anos en Cartelos (Carballedo-Lugo)”. Juan Piñeiro Andión, padroeiro da Fundación José Luis Taboada e Investigador xubilado do CIAM.

-12.00-12.30 “Resultados dos campos de demostración en Cartelos: Forraxes de inverno e rega do millo forraxeiro (ATT 2018/ 151 e 155)”. Juan Valladares Alonso, investigador do CIAM.

-12.30-1 3.00 “Resultados dos campos de demostración na Pobra do Brollón: Mesturas de trevos anuais como forraxes de inverno e rega de cultivos de verán (ATT 2018/ 150-154-156)”. Gonzalo Flores Calvete, investigador do CIAM.

-13.00-13.30 “Resultados dos campos de demostración en colaboración co SAT Torneiros: Implantación de rotacións ecolóxicas na comarca de Allariz- A Limia (ATT 2018/ 153-157)”. Juan Valladares Alonso, investigador do CIAM

Lugar: Finca Robles – A Veiga – Pobra do Brollón (Lugo)
Coordenadas GPS: 42º 35’ 38.73’’ N, 7º 24’ 35.95’’ W

Cartaz Pobra CIAM 2018

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información