Xornada técnica de Clun ‘Explotacións lácteas galegas: visión 2025’

A cooperativa programou un encontro o próximo mércores 22 en Santiago para analizar as perspectivas do sector en cuestións como o mercado lácteo, a produción de forraxes ou a mellora da produtividade das granxas

Data inicio: 22/03/2017
Data fin: 22/03/2017
Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, Rúa de Miguel Ferro Caaveiro, Santiago de Compostela, España

Clun, a cooperativa de segundo grao nada da integración de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto, programou para o próximo 22 de marzo en Santiago a súa primeira xornada técnico económica, que colle o relevo das que viña celebrando Feiraco de xeito anual. O obxectivo do encontro, que leva por nome ‘Explotacións lácteas galegas: visión 2025’, é o de analizar as perspectivas de futuro do sector en campos como a produción de forraxes, o mercado lácteo ou a mellora da produtividade das granxas.

O evento desenvolverase no Palacio de Congresos de Santiago e será inaugurado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, en tanto a clausura correrá a cargo da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

Programa
O programa da xornada contará coa participación de expertos de referencia, coma Sophie Helaine, do Observatorio do Mercado Lácteo da UE; ou o catedrático Carlos Buxade, que falará sobre ‘O futuro do vacún de leite nun entorno treboento’.

Está prevista tamén a intervención de José Luis Juaristi, que vén do Rancho Las Nieves, Zaragoza, o principal centro de recría en España; e de Bernard Andrieu (Lallemand Animal Nutrition), que presentará unha ponencia sobre a produción de forraxes.

Xa na sesión de tarde, haberá unha mesa redonda de gandeiros baixo o título ‘Explotacións de vacún de leite: eficiencia, sostibilidade e futuro’, na que compartirán visións os gandeiros das explotacións San José de Lérida e Casa Reigada, de Lugo, ademais de expertos do sector.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información