Xornada sobre o uso de robot de muxido en vacún de leite en pastoreo

Xornada sobre o uso de robot de muxido en vacún de leite en pastoreo

Robot de muxido en pastoreo en Francia

Data inicio: 17/10/2018
Data fin: 17/10/2018
Lugar: Facultad de Veterinaria, Rúa Carballo, Lugo, España

O Instituto de Investigación en Tecnoloxía Agroalimentaria (IRTA) organiza o próximo 17 de outubro en Lugo un seminario sobre o uso de robot de muxido en vacún de leite en pastoreo. A xornada celebrarase o próximo 17 de outubro na Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria de Lugo desde as 10:30 h ás 13:30 h da mañá.

O seminario está dirixido a gandeiros, asesores ou veterinarios e nel analizarase como optimizar o uso do robot tamén en sistema de pastoreo, unha opción aínda incipiente. Entre os relatores estará Eva Spörndly, doutora da Universidade Sueca de Ciencias Agrarias ( SLU), exporá a experiencia en Suecia co uso de robot de muxido en sistemas en pastoreo tanto en granxas grandes como pequenas. Pola súa banda, Aida Xercavins e Aranzazu Varvaró, do IRTA, farán un breve repaso das tecnoloxías existentes para o emprego do robot de muxido en pastoreo e as vantaxes que presentan para o gandeiro.

Xan Pouliquen, asesor de Xestión Agrogandeira e Natureza SL, explicará as distintas técnicas de pastoreo e cales son os erros máis comúns que se cometen no manexo do pasto. O seminario finalizará cun debate e preguntas do público.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información