Xornada de iniciación ao pastoreo en gando vacún de leite

Xornada de iniciación ao pastoreo en gando vacún de leite
Data inicio: 08/10/2019
Data fin: 08/10/2019
Lugar: Cooperativa Campo Capela, España

A Oficina Agraria Comarcal de Ferrol organiza para o vindeiro martes, 8 de outubro, unha xornada formativa sobre “Iniciación á técnica de pastoreo en gando vacún e leite de pastoreo”.

A xornada impartirase no Cooperativa Campo Capela, na Capela, en xornada de mañá e tarde, cunha duración de 6 horas. Durante esta formación impartirase formación sobre o manexo do pasto, os erros máis frecuentes, tipos de herba e o seu impacto no gando ou os resultados económicos do pastoreo.

A asistencia é gratuíta. As persoas interesadas deben enviar un correo electrónico a [email protected] antes do luns día 7 ou chamar ao teléfono 981 33 70 48.

Esta xornada forma parte do Plan de Transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2019.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información