Vinte ganderías reciben os premios Exceleite pola súa calidade sanitaria

Vinte ganderías reciben os premios Exceleite pola súa calidade sanitaria

Foto de grupo das persoas premiadas este ano nos Exceleite.

Santiago acolleu hoxe a entrega dos premios Exceleite, que distinguen ás ganderías galegas que máis destacan pola calidade hixiénico – sanitaria do leite que entregan. Estes galardóns distinguen ás granxas en tres categorías en función do seu tamaño (pequenas, medianas e grandes) e, á súa vez, estas subdivídense cada unha delas en tres grupos segundo o sistema de produción (intensivo, semiextensivo ou extensivo). Tamén se recoñecen de xeito específico as mellores explotacións ecolóxicas.

A estes premios optaron todas as explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia que realizan os seus autocontrois de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) e que estiveran dadas de alta no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi) e, no caso das ecolóxicas, no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

Granxas que recibiron os premios Exceleite 2019

Premios Exceleite 2019. Os seis primeiros corresponden a granxas grandes, os seguintes 6 a medianas, os seguintes 6 a pequenas e os 2 últimos a ecolóxicas.

Premios Exceleite 2019. Os seis primeiros corresponden a granxas grandes, os seguintes 6 a medianas, os seguintes 6 a pequenas e os 2 últimos a ecolóxicas.

O acto contou coa intervención do conselleiro do Medio Rural, José González, que puxo en valor iniciativas do seu departamento como a promoción do selo de garantía ‘Galega 100%’, que identifica o leite de orixe galego e que cumpre cuns estrictos parámetros de calidade hixiénico – sanitaria. González tamén puxo en valor o traballo das granxas, das que salientou que están preocupadas polo “benestar animal, pola custodia do territorio e por ofrecer unha produción en óptimas condicións hixiénico – sanitarias”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información