Vídeos e imaxes da recta final do ensilado do millo en Galicia

A colleita do millo forraxeiro encara estes días a súa recta final en varias comarcas de Galicia, sobre todo nas zonas de costa, cunha colleita, en xeral mellor que a do ano pasado en cantidade.

Así, Santiago Sousa, responsable do Departamento de Cultivos da cooperativa Os Irmandiños, que recollen arredor dunhas 1.500 hectáreas no norte da provincia de Lugo, destaca que “as medias de produción que estamos recollendo oscilan entre as 42 e as 46 toneladas de materia húmida por hectárea, cun 33% de materia seca e un 34,3 de amidón”. “De momento é a mellor colleita que tivemos nos últimos 5 anos”.

Na Sat San Martiño, unha gandería de Vilalba cunhas 250 vacas en muxido, tamén recoñecen que “estamos tendo unha boa colleita”. Na mesma provincia, pero máis ao sur, no concello de Láncara, Odón Castro destaca tamén que “é un dos mellores anos, cun 20% máis de rendemento que o ano pasado”, se ben recoñece que “na miña zona a outros gandeiros afectoulles bastante a seca ao cultivo”.

Xa na provincia da Coruña, Antonio París, socio da gandería Sat Cives, en Mazaricos recoñece que “no noso caso tamén obtivemos bos rendementos”. “Pesamos os cargamentos de 4 hectáreas e foron de máis de 42 toneladas por hectárea”, destaca.

Xa máis cara o interior, Luis, un mozo gandeiro de Boqueixón asegura que “o rendemento este ano esta a ser bastante bo, e nótase bastante a mellora que supón a semente de millo con resistencia á seca”.

A continuación ofrecemos un resumo en vídeos e imaxes de como está a ser esta recta final do ensilado do millo en Galicia:

Ensilando na gandería de Odón Castro, en Láncara (Lugo):

Ensilando en SAT Cives, Mazaricos:

Ensilado na gandería de José Ramón, Tordoia (A Coruña):

Galería de imaxes:
Ensilado en Sat San Martiño, en Vilalba

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información