Resumo do curso sobre xestión de persoal nas explotacións gandeiras

O pasado venres, 2 de novembro, celebrouse no IBADER, en Lugo, un curso sobre xestión de persoal nas explotacións gandeiras baixo o título de “Novas estratexías de revalorización e de xestión técnico-económica das explotacións galegas co emprego de novas tecnoloxías e benchmarking”.

A actividade formativa, organizada pola Oficina Agraria Comarcal de Lugo, foi impartida por Yolanda Trillo, veterinaria e especialista en xestión de recursos humanos en ganderías. O obxectivo nesta primeira xornada foi acadar o benestar persoal en primeira instancia no líder do equipo de traballo, o gandeiro, e asi posteriormente transmitir ese benestar ao entorno; é dicir, aos animais e aos traballadores que forman o equipo.

Comezouse así a xornada plantexándolle aos asistentes un reto, ‘coñecerse a sí mesmos para poder xestionar o seu entorno’. A través dunha serie de preguntas clave, Yolanda Trillo foi sacando as mellores cualidades e as oportunidades de mellora dos asistentes ata atoparse no máis ‘profundo eu’, dentro do que se puido lograr nunha sesión grupal.

Os gandeiros puideron decatarse da falta de tempo, quizá mal organizado, que lles impedía adicarse a sí mesmos, máis acusado no sector feminino. E posteriormente nunha sesión individual cos participantes, a experta guiounos a descubrir as súas habilidades como líderes, destacando que a maior parte dos asistentes mostraron inseguridade para afrontar dito rol.

A importancia de poñerse no papel do empregado

Xa pola tarde abordaron a xestión do entorno, o ámbito laboral, e comenzaron a traballar os aspectos de xestión de persoal dentro da súa empresa gandeira.  É dicir, cómo dirixirse aos traballadores, cómo reclutar candidatos, mediar en conflitos ou organizar unha xornada de traballo. Por medio de casos reais os asistentes puxéronse na situación de potenciais candidatos para traballar en granxa, experimentando así na súa propia pel o papel de empregado, de xeito que os gandeiros participantes se deron conta das oportunidades de mellora.

“Nesta xornada abordouse a xestión de persoal dende outra perspectiva que non charla-coloquio, e os participantes mantivéronse entretidos mediante xogos grupais, casos prácticos, e debate entre eles, unha forma innovadora de impartir unha formación práctica para os gandeiros”, destaca Yolanda Trillo.

“Mencionar que se xerou un interese de participantes que non puidemos admitir no curso polo limite de prazas e nalgúns casos por non pertenceren a unha gandería, pero calquera interesado na temática pode contactarme a través do correo [email protected] “, conclúe.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información