Este domingo, dentro das actividades organizadas na 29ª edición do Concurso de Gando Frisón MOEXMU 2015, tivo lugar o Concurso de Novos Manexadores.
O xuíz D. Javier Freije Freije, xuíz nacional de Conafe, foi o encargado de valorar aos participantes.Previo ao inicio do concurso o Xuíz impartiu unha breve charla sobre a morfoloxía da vaca frisoa e o manexo dos animais na pista, está foi seguida con atención polos rapaces que logo participarían no concurso de manexadores.
O concurso de manexadores comenzou polas sección de máis idade, así os máis novos puideron ir tomando nota de como se desenvolven os seus compañeiros na pista e das explicacións do xuíz para cando lles toque o seu turno.
Sección 4, maiores de 21 anos:
Posto | Nome | Gandería |
1º |
Miguel Expósto Rodríguez | La Rinconada |
2º |
Marcos Rivas López | Casa Liñares |
3º |
Roi Capón Fernández | Capón Holstein |
Sección 3, de 16 a 21 anos inclusive:
Posto | Nome | Gandería |
1º |
Avelino Souto Rozados | Midón |
2º |
María Manteiga Rodríguez | Manteiga |
3º |
Águeda Capón Fenández | Capón Holstein |
Sección 2, de 10 a 15 anos inclusive:
Posto | Nome | Gandería |
1º |
Jorge Vázquez Cuñarro | Capón Holstein |
2º |
Adán Blanco Pardo | Cavadas |
3º |
Abel Carballo Pena | Adonis |
Sección 1, ata 9 anos: Todos resultaron premiados.
A continuación tivo lugar o campionato de manexadores, no que o cántabro Miguel Expósito Rodríguez, da gandería La Rinconada (Ampuero), repetiu o éxito colleitado en febreiro en GandAgro e conseguiu un ano máis o primeiro premio tamén en Moexmu, mentres que Águeda Capón Fernández, de Casa Capón Holstein (Chantada), logrou o segundo premio.