Protesta gandeira ante Rajoy en Santiago

Protesta gandeira ante Rajoy en Santiago

Gandeiros concentrados ante o hotel NH, en Santiago.

Os recentes actos de campaña electoral que se desenvolveron en granxas galegas e doutras comunidades non gustaron en alomenos parte do sector gandeiro. Días atrás era o presidente da Xunta o que comparecía nunha gandería de Lugo e na mañá de onte foi o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, o que visitou unha granxa en Asturias. Esa tarde, xa nun acto en Santiago, Rajoy volveu topar con gandeiros, pero esta vez non se trataba dun acto de campaña senón dunha protesta dunha ducia de produtores galegos, que se concentraron ante o hotel Nh, onde Rajoy tiña prevista unha reunión con ONGs.

Os gandeiros, que desplegaron unha pancarta, querían trasladarlle ó presidente do Goberno o seu malestar pola situación de deixadez que o seu xuizo atravesa o sector. “Pasaron nove meses dun acordo lácteo que dicían que ía ser histórico e a situación está igual ou máis ben peor, porque agora temos débedas que non tiñamos o ano pasado”, valoraba un dos concentrados.

Os baixos prezos que atravesan parte das ganderías, con arredor de 500 granxas cobrando o leite a menos de 20 céntimos, é unha cuestión que os produtores entenden que debería ter unha solución política.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información