Presentado o programa da Semana Gandeira de Mazaricos 2018

Presentado o programa da Semana Gandeira de Mazaricos 2018

De esquerda a dereita: Óscar Blanco, Juan Blanco, Janet Martínez e Manuel Antelo

Data inicio: 26/11/2018
Data fin: 02/12/2018
Lugar: Ayuntamiento de Mazaricos, Av del 13 de Abril, A Picota, España

Entre o 26 de novembro e o 2 de decembro celebrarase no concello coruñés de Mazaricos a Semana Gandeira, unha cita xa ineludible para o sector produtor de vacún de leite e que este ano conta cun amplo programa de actividades.

A presentación celebrouse o pasado venres na Granxa Pazos, na parroquia de San Cosme de Antes, e nela participaron o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, e os presidentes de Africor Coruña, Manuel Antelo, de Gandeiros de Mazaricos, Óscar Blanco e de Eu Son Mazaricos, Janet Martínez.

Programa de actividades da Semana Gandeira de Mazaricos 2018:

Durante a semana:

  • Obradoiro de elaboración de produtos lácteos (queixo, cuajada, manteiga…) na aula gastronómica
  • Visitas a explotacións
  • Exposición de arte en palla na Casa de Cultura
  • Concurso fotografía Retrata Mazaricos. Categoría única. Premio: económico+cea
  • Concurso 1,2,3 responda outra vez a través de whatsapp ou correo electrónico, deben de mandar unha breve resposta a seguinte pregunta:

¿Que significan para ti as vacas?

Premio: vale de 50€ en compras

Fin de semana: 1 e 2 de decembro:

Sábado pola mañá

XORNADAS TÉCNICAS de 10.30 AM a 14.00 PM na Casa da Cultura

  • Apuntes sobre as instalacións

Juan Manuel García Castro. Veterinario de Albeitaneria

  • Charla Abanca, créditos e prestacións para gandeiros

Jesús Combarro

  • Descanso CAFÉ
  • Control das racións no carro unifeed

Pedro Sedano Jaime, veterinario responsable para o noroeste da Empresa Qualivet

  • Como debo procesar o silo de millo na miña granxa?

Javier López, Responsable de ruminantes para España e Portugal de Kemin

Sábado pola tarde: Recinto Feiral Polivalente

Actividades para os nenos (de 4 a 16 anos)

16h:

-Obradoiro de graffiti

-Creación dunha maqueta: mini mazaricos

18h -O touro mecánico

-Merendola

Domingo pola mañá: Recinto Feiral Polivalente

GRAN POXA DE XOVENCAS FRISONAS e máis de 2000€ en premios

Máis información:

  • facebook

https://www.facebook.com/semanagandeirademazaricos/

  • web

www.semanagandeirademazaricos.gal

CARTAZ_SEMANA_GANDEIRA_18

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información