Petición á AICA para que investigue os baixos prezos do leite en Galicia

O Sindicato Labrego e a COAG consideran que as industrias abusan da súa posición de dominio, forzando a imposición de prezos á baixa

Petición á AICA para que investigue os baixos prezos do leite en Galicia

As organizacións agrarias sosteñen que as industrias néganse a negociar prezos.

O Sindicato Labrego e a COAG mantiveron unha reunión esta mañá co director da Agencia de Información y Control Alimentario (AICA), José Miguel Herrero, para pedirlle unha investigación sobre os baixos prezos do leite en Galicia. Ambas organizacións agrarias consideran que as industrias lácteas están vulnerando a Ley de Defensa de la Competencia (Ley 15/2007). O Sindicato Labrego e a COAG entenden que as industrias abusan da súa posición de dominio, forzando a imposición no campo de prezos á baixa.

A argumentación das organizacións agrarias céntrase no artigo 62 da Ley de Defensa de la Competencia, que no seu artigo 4 explicita o seguinte: “queda prohibida la explotación abusiva por una o varias empresas de su posición de dominio en todo o en parte del mercado nacional. El abuso podrá consistir, en particular, en la imposición, de forma directa o indirecta, de precios u otras condiciones comerciales o de servicios no equitativas (…)”.

O Sindicato Labrego e COAG sosteñen que as industrias impoñen condicións e prezos de recollida con prácticas que describen como “técnicas de extorsión”, con situacións nas que as industrias advirten do posible abandono de recollida ós gandeiros que tratan de negociar o prezo do leite. Os produtores entenden que a fixación do prezo de compra realízase abusando da posición de dominio que posúe a industria láctea e aproveitando o feito do carácter altamente perecedoiro do leite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información