Os gandeiros españois, entre os que menos diñeiro aportan para promover o consumo de lácteos

Os gandeiros españois, entre os que menos diñeiro aportan para promover o consumo de lácteos

Vacas nunha gandería en Curtis

Os gandeiros españois están entre os que menos diñeiro aportan para a promoción e defensa do sector a través de organizacións profesionais.

Así, se puxo de manifesto na V Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, celebrada o pasado mes de maio en Mazaricos.

En concreto, César Resch Zafra, investigador responsable da produción de leite de vacún no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), lembrou que “os países nos que a produción de leite ten relevancia contan con organizacións de produtores, pagadas polos produtores, para defender os intereses comúns do sector”.

Como exemplos, citou os casos de Francia, onde o Centre National Interprofessionnel de l’Economie Laitière C.N.I.E.L conta cun orzamento anual duns 40 millóns de euros -sen contar o cofinanciamento por axudas europeas- dos que o 50% de destinan á promoción do sector e do consumo de leite e de derivados lácteos. Gran parte do financiamento provén do propio sector, cunha taxa que se paga de 1,662 euros por cada 1000 litros de leite, dos que 1,22 euros son achegados polos gandeiros e 0,442 euros pola industria láctea.

En Irlanda a aportación dos produtores á defensa e promoción do sector lácteo a través de distintas organizacións (Irish Cremery Supplier Association, Irish Farmer Association ou Dairy Board -Ornua) achégase aos 1,760 euros por cada 1.000 litros de leite, tal e como se reflicte no seguinte recadro:

achega gandeiros irlanda

E en Nova Zelandia, os gandeiros aportan a través de Dairy NewZealand unha media de 1,850 euros por cada 1.000 litros de leite, para promoción, investigación e defensa do sector lácteo.

En España, pola contra, a organización representativa do sector, a Interprofesional Láctea (INLAC) conta cun orzamento duns 3 millóns de euros , -11,4 millóns de euros para o cuatrienio 2019-2022-, dos que de destinarán 1,5 millóns de euros a campañas de promoción no período 2019-2020.

E é que a achega do sector para o financiamento da INLAC é de tan só 0,15 euros por cada 1.000 litros de leite, que se distribúen de forma paritaria entre a cota de produción e a de elaboración.

Neste sentido, César Resch Zafra ilustrou que a achega anual dunha gandería que produza 1 millón de litros ao ao é a seguinte*:

-Irlanda: 1.760 €
-Francia: 1.213 €
-Nova Zelandia: 1.850 €
-España: 150 €

“Nos tres primeiros casos estas cifras supoñen sobre 50 céntimos de € de aportación por cada 100 € facturados”, unha cifra que no caso de España baixa a só uns 5 céntimos, advertiu o investigador.

(*) Cifras elaboración propia aproximadas

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información