A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Os galegos Clun e Armónico sitúanse como os mellores touros Holstein de España

Resultados das probas xenéticas de Conafe do mes de xuño, nas que Xenética Fontao revalida o seu liderezgo. Un dos seus touros xenómicos, Clun, sitúase como número 1 de España con 4.952 puntos GICO.

Os galegos Clun e Armónico sitúanse como os mellores touros Holstein de España

Pentagon K&L Pokemon Clun. Foto: Mauricio de los Santos

Os galegos Clun e Armónico sitúanse como os mellores touros Holstein de España nas últimas probas de Conafe, correspondentes ao mes de xuño. En concreto, na categoría de xenómicos Pentagon K&L Pokemon Clun estréase no ránking como número un en touros xenómicos con nada menos que 4.952 puntos, superando os 4.875 puntos acadados por Clever nas probas de novembro. En touros probados, Armónico revalida o seu liderado con 3.962 puntos Gico.

Ambos animais son propiedade da empresa pública galega Xenética Fontao, que mantén un dominio prácticamente absoluto no TOP 100 de xenómicos. De feito, sete dos primeiros touros deste ranking levan o selo deste centro.

Clun, un touro con moi pouca consanguinidade

Dende Xenética Fontao destacan que “Clun é un touro novo de 11 meses de idade que responde ao
orixinal pedigree de Jetset x Sargeant x Delta G-Force x Mascol, todos eles moi pouco usados sobre a nosa poboación de vacas e, por tanto, con moi pouca consanguinidade con elas”.

Unha curiosidade é que a xata nº 1 de España: Baixo Jetset Silly, con 4.848 GICO, responde tamén ao pedigree Jetset x Sargeant.

As probas de Conafe confirman que Clun transmite alta produción de leite (1.322 kg), con excelentes porcentaxes de proteína (+0,13 %), combinada con alta morfoloxía; destacando en concreto a puntuación para ubres (2,70), patas (1,97) e tipo xeral (1,82).

“Os trazos de saúde son tan destacados que lle fan ser un dos mellores touros xenómicos do panorama nacional para RCS (141) e lonxevidade (144), ademais de ser positivo en fertilidade de fillas (117)”, destacan os seus propietarios.

CONAFE_XENOMICOS_XUNHO_17

Outro touro xenómico de nova incorporación entre os mellores é Bi-Battle, tamén de Xenética Fontao e que acada o número 2 da lista con 4.654 puntos Gico. Trátase dun Battlecry x Smurf x Garret x Shottle da familia “Prelude Spottie”.

Bi-Battle destaca pola súa equilibrada proba, con alta produción de leite con excelentes calidades de graxa e proteína, proba de tipo moi correcta e excelentes trazos de saúde.

Dende Xenética Fontao tamén destacan a Batery, un touro xenómico que tras liderar a lista de xenómicos en abril, segue entre os mellores touros xenómicos de España, en concreto no posto número 7. “Este fillo de Battlecry x Shotglass x Stol Joc x Oman ten unha proba sen debilidades tanto en produción como en morfoloxía e trazos de saúde. A maiores, ten outro irmán completo na listaxe cun perfil xenómico moi similar: Snoopy”, subliñan.

Armónico revalida o seu liderado nos touros probados

CONAFE_PROBADOS_XUNHO_17

As probas de Conafe de xuño de 2017 confirman tamén o liderado de Armónico nos touros probados, cun GICO de 3.962 puntos. De novo, Xenética Fontao copa o 60 % do listado dos mellores touros probados

Armónico, fillo de Snowman, transmite altas cifras na produción das súas fillas, porcentaxes positivas de graxa e proteína (1.487 kg de leite e +0,18 % proteína) e unha gran calidade morfolóxica, mellorando en todos os trazos de tipo en xeral e en ubres e patas en particular, tras incorporar máis de 70 fillas en produción e unhas 100 en tipo nesta proba, a súa segunda oficial.

Digna de mención é a fazaña conseguida por Torrel (Bolton x Allen). O que fose líder dos mellores touros probados españois en varias avaliacións anteriores mantense no segundo posto da devandita listaxe, tras a incorporación de miles de fillas de segundo grupo que o converten no mellor touro probado español de máxima fiabilidade (99%).

Torrel convértese no mellor touro probado español de máxima fiabilidade

As súas fillas teñen un gran potencial de produción, con máis de 2.000 kg de leite, e a súa proba de tipo non perde apenas terreo a pesar de incorporar á mesma máis de 3.000 fillas. Ademais, sobe máis de 100 puntos de GICO nesta última proba, despois de 5 anos como touro probado e máis de 10 probas oficiais.

Dende Xenética Fontao destacan tamén a Falco (Snowman x Goldwyn) que, tras a incorporación de novas fillas (unhas 60 en produción e ao redor de 100 en tipo), mantén os seus valores e mesmo sobe en ubres.

“Falco é un dos mellores fillos de Snowman para os trazos de saúde: baixos RCS, alta lonxevidade, fertilidade de fillas ao redor da media e, ademais, gran facilidade de parto, o que permite o seu uso en xovencas”, subliñan.

Consulta aquí a listaxe de 100 mellores touros xenómicos.

Listaxe dos 100 mellores touros probados de propiedade española.

Listaxe de 200 mellores touros por ICO.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información