Nace un novo proxecto de oferta e formación de man de obra para o sector gandeiro de Galicia

Nace un novo proxecto de oferta e formación de man de obra para o sector gandeiro de Galicia

A falta de man de obra é un dos problemas das ganderías de vacún de leite

Os integrantes da plataforma de formación Lideres en Bienestar empezaron o proceso para recrutar, formar e ofrecer persoas dispostas a traballar nas ganderías de Galicia, especialmente nas de vacún de leite, tratando de resolver desta forma un dos grandes problemas do sector: a falta de man de obra cualificada, motivada e estable.

En concreto, Lideres en Bienestar encárgase do recrutamento de candidatos e intervén no proceso de selección – contratación, formación, seguimento e motivación do persoal a través de protocolos personalizados para a situación de cada gandería.

“Ofrecemos un servizo de mediación nos equipos de traballo entre empresario e traballadores, á vez que outorgamos unha oportunidade laboral a calquera persoa con ganas de traballar e con ambición por aprender do rural”, sinala Yolanda Trillo, veterinaria impulsora do proxecto.

Para mais informacion, contactar sen compromiso:
Empresario-gandeiro: 622928220 (Yolanda)
Traballador -candidato: [email protected] (enviar CV e foto)

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información