Mazaricos comeza este martes a súa Semana Gandeira cun amplo programa de actividades

Mazaricos comeza este martes a súa Semana Gandeira cun amplo programa de actividades

O concello coruñés de Mazaricos comeza este martes a súa Semana Gandeira cun amplo programa de actividades para amosar o orgullo de ter a gandería como o seu principal motor de riqueza e emprego.

Organizada por Africor Coruña en colaboración coa asociación EuSonMazaricos, a Semana Gandeira 2018 conta cun amplo programa de actividades, como concursos de fotografía, de elaboración de sobremesas lácteas..etc, e que culminarán o fin de semana coas xornadas técnicas de vacún de leite, o sábado, e coa poxa de xovencas de raza Frisona, o domingo.

Velaquí o programa completo:

Durante toda a semana:

-Obradoiro de produtos lácteos impartido por Lidia Ferreras

-Exposición de pezas de Sancosmeiros da Asociación Cultural de Antes na Casa de Cultura

-Visita a explotacións gandeiras

-Concurso de fotografía e de 1,2,3 responda outra vez. Podes consultar as bases aquí

´-Concurso de microrrelato. Podes descargar as bases nesta ligazón. 

-.Concurso de postres lácteos (flans, iogures, natillas, etc) Podes consultar as bases aquí

Xornadas Técnicas do Sector Lácteo: Sábado pola mañá

 .10: 30 Apuntes sobre as instalacións. JUAN MANUEL GARCÍA CASTRO, veterinario de Albeitaneria

.11:15 Charla Abanca: Créditos e prestacións para gandeiros. JESÚS COMBARRO, director de BancoAgro (ABANCA)

.11:45 Pausa café

.12:30 Control das racións no carro unifeed. PEDRO SEDANO JAIME, veterinario responsable para o noroeste da Empresa Qualivet

.13:15 ¿Como debo procesar o silo de millo na miña granxa? JAVIER LÓPEZ, responsable de ruminantes para España e Portugal de Kemin

14.00 Clausura: JUAN JOSÉ BLANCO RIVEIRO, alcalde de Mazaricos

Pola tarde:

-16.00h Obradoiro de Graffiti e creación dunha maqueta (MiniMazaricos)

-18.00h Touro Mecánico

-Merendola

-Entrega de premios

Poxa de Xovencas de Raza Frisona: Domingo

Horario:

Sábado 2 de decembro entre as 10.00h e as 14.00h: Entrada dos animais participantes e aloxamento na carpa anexa ao Recinto Feiral de A Picota (Mazaricos). Pola tarde será a exposición de xovencas.

Domingo 3 de decembro ás 11.00h comeza a poxa. Ao remate da poxa sorteo de varios regalos, valorados en 1.500€

Os exemplares proceden das ganderías Avelino Castro, de Arzúa; Caramuxeiro, de Dumbría; Carreira de Colúns, de Mazaricos; Casa de Moreira, de Zas; Casiano, de Outes; Corna, de Santa Comba; Cunordam, de Zas; Nuveira, de Mazaricos; Granxa o Canteiro, de Vimianzo; Santa Cristina, de Curtis; SAT A Campa, de Curtis; SAT A Farrapa, de Negreira; SAT Pose e García, de Ponteceso e Vieites de Trazo. Repite a gandería da que saíu a vaca máis codiciada da pasada poxa, a Megabimba de SAT A Campa pola que se pagaron 3.650€. En todo caso, desde Africor aseguran que “os 24 animais seleccionados son dunha calidade excelente”. As previsións é que o recinto polivalente acolla a máis de 2000 persoas durante a poxa.

Consulta aquí o catálogo dos animais que se poxarán: https://www.africorcoruna.com/uploads/ckeditor/attachments/161/AFRICOR_libro_POXA_2018.pdf

Destacar, tamén o sorteo de máis de 2.000€ en regalos para todas as persoas asistentes á poxa.

Ademais, durante toda a fin de semana exposición de maquinaria agrícola, gandeira e de servizos.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información