Africor Lugo, en colaboración co concello de Castro de Rei, organiza para o vindeiro sábado, 12 de novembro, unha nova poxa de gando Frisón. En total, se porán á venda no mercado gandeiro de Castro de Ribeiras de Lea, un total de 23 animais, dos que 14 son vacas de primeiro parto e 9 son xovencas próximas ao parto.
Desde Africor Lugo destacan que todos os animais son criados en ganderías da provincia de Lugo, adaptados ás nosas condicións de manexo, o que permite tamén dar valor á xenética producida nas explotacións galegas, sen ter que depender das importacións para repoñer animais. Ademais, todas as vacas e xovencas contan con análises sanitarias, grazas á colaboración cos servizos veterinarios da Consellería do Medio Rural e do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia.
Por último, e grazas á colaboración con Xenética Fontao, os compradores recibirán tres dose de cada un dos actuais touros números uno en España: Delano, mellor touro probado, e Quixote.
Esta é a lista dos animais que se poxarán o vindeiro sábado, día 12, pola mañá en Castro de Ribeiras de Lea: