Lactalis prevé superar os 500 millóns de litros recollidos en Galicia no 2018

A compañía destaca que o 90% do leite recollido a gandeiros individuais na comunidade realízase a través de contratos de 12 meses de duración. Proxecta aumentar nun 33% a recollida de produción ecolóxica ata o 2020

Lactalis prevé superar os 500 millóns de litros recollidos en Galicia no 2018

A multinacional francesa Lactalis lidera a recollida de leite en Galicia.

A primeira industria láctea en volume de recollida en Galicia continúa a ser un ano máis o grupo Lactalis, que prevé superar os 500 millóns de litros adquiridos en Galicia no 2018, o que representa arredor dun 20% das entregas totais de leite na comunidade.

Lactalis, que conta con factorías de envasado de leite UHT en Vilalba e en Lugo (Nadela), destaca que o 90% dos contratos que mantén en Galicia con gandeiros individuais sitúase nos 12 meses de duración. “A compañía aposta por unha recollida estable e non polo mercado spot, garantíndolle ós produtores un volume de recollida por un prazo anual. Esta estabilidade permitiu que desde o final das cotas lácteas, o grupo atraese a 350 novos gandeiros proveedores na comunidade autónoma”, subliña a compañía.

A industria láctea, unha multinacional de capital francés, cubre coa recollida galega a metade das súas necesidades de leite en España, onde merca 1.000 millóns de litros ó ano de leite de vaca e arredor de 100 millóns de ovella e de cabra. No conxunto do Estado, Lactalis colabora con arredor de 1.500 gandeiros, tanto individuais como pertencentes a cooperativas que manteñen a trazabilidade do produto.

Leite ecolóxico
O grupo continúa na aposta polo leite ecolóxico. Na actualidade, recolle arredor de 15 millóns de litros na Cornisa Cantábrica, procedentes de 57 ganderías. Para o 2020, a perspectiva é que a recollida chegue a 20 millóns de litros, pois a empresa xa está traballando con gandeiros en reconversión para chegar a ese obxectivo.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información