Gran asistencia de público e resultados regulares na poxa de xovencas de Frisoa de Mazaricos

Gran asistencia de público e resultados regulares na poxa de xovencas de Frisoa de Mazaricos

Poxa de xovencas en Mazaricos nunha pasa edición. Autor: quepasanacosta.com

A IX Poxa de Xovencas de Raza Frisoa que organizaron o Concello de Mazaricos, Africor Coruña e Gandeiros de Mazaricos, celebrada este domingo na Picota, congregou a un numeroso público, aínda que os resultados das vendas foron regulares, reflexo da situación de incerteza do sector produtor ante os baixos prezos do leite.

Presentáronse un total de 18 xovencas de raza Frisoa procedentes principalmente de ganderías da comarca do Xallas. Finalmente vendéronse 11 a un prezo medio de 2.177 euros. O prezo máis alto foi para Saamil Navy Vane, vendida por 2.500 euros, procedente de Gandería Saamil, de Toques (A Coruña), unha xovenca de pai Observer Navy e con nai Xacobeo Heidi.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información