vaca pesebre 2

Galicia e Castela e León son as Comunidades nas que máis medra a produción de leite

Galicia e Castela e León lideran o incremento da produción de leite en España nos primeiros seis meses do ano. Así se reflicte nun informe da asociación galega Terra e Leite, elaborado a partir das declaracións ao FEGA e dos datos do Milk Market Observatory.

En concreto, analizando as entregas no período xaneiro-xuño 2019 fronte a xaneiro-xuño do 2018, os maiores aumentos prodúcense en Galicia, con 17.639 toneladas máis (+1,31%), e Castela León, con 7.021 ton (+1,52%), primeira e segunda comunidades produtoras, mentres que as maiores reducións encóntranse en Cataluña, -9.877 ton (-2,50%), e Asturias, -5.111 ton (-1,78%), terceira e quinta comunidades produtoras. No conxunto de España, no mesmo período, as entregas aumentaron en 12.303 ton (+0,41%).

En todo caso, o incremento da produción neste primeiro semestre do ano estase a frear respecto aos rexistrados no mesmo período de 2017 e 2018, anos nos que, no caso de Galicia, medrou un 2,5 e un 2,95%, respectivamente.

terra e leite 19 2 terra e leite 19 1