Galicia aumenta a produción de leite en maio un 4,78% fronte ao 2,08% de media estatal

Con todo, se se comparan os datos cos do mesmo mes de 2015 a produción de leite de vaca caeu en Galicia un 1,66% e un 1,30% no conxunto de España. O prezo volve baixar e sitúase en Galicia nos 27,3 céntimos

Galicia aumenta a produción de leite en maio un 4,78% fronte ao 2,08% de media estatal

A produción española de leite de vaca aumentou no mes de maio un 2,08% respecto ao mes anterior, situándose nas 608.773 toneladas. Siguendo o efecto estacional da primavera, en Galicia tamén subiu a produción, aínda que o incremento mensual foi maior, dun 4,78%, alcanzando as 231.118 toneladas, o que representa o 37,5% da produción estapañola. Así se desprende de os datos que vén de facer públicos o Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) sobre entregas de leite no mes de maio.

Con todo, se se comparan os datos cos de maio de 2015, a produción española reduciuse nunhas 8.000 toneladas, o que supón un descenso do 1,3%. En Galicia a caída interanual foi maior, do 1,66%, pasando de de 235.022 toneladas en maio de 2015 a 231.118 do mesmo mes deste ano.

Prezos

En canto a prezos do leite, a evolución continúa á baixa. Dos 29,8 céntimos de media española en abril pasouse aos 29,2 en maio. En Galicia, dous céntimos por abaixo da media española, pasouse de 27,9 céntimos a 27,3 céntimos. Nas comunidades da nosa contorna o prezo situouse en 31,9 en Asturias,. 29,5 en Castela e León e 28,3 céntimos en Cantabria.

E isto a pesar da melloría nas calidades do leite, que se situaron nunha media de 3,61% de graxa e 3,23% de proteína no conxunto do Estado e do 3,73 e 3,24, respectivamente, en Galicia. En maio de 2015 as porcentaxes nas ganderías galegas foron do 3,64% de graxa e do 3,23% de proteína.

FEGA_ENTREGAS_EVOLUCION

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información