Dúas ganderías de Sarria e de Dumbría teñen as mellores becerras Frisoas de España

A comunidade galega revalida o seu liderazgo nas avaliacións xenéticas de Conafe correspondentes ao mes de decembro. Baixo Jetset Silly, da gandería lucense Baixo Holstein, sitúase como a mellor tenreira xenómica de menos de 18 meses, mentres que Campo 0383 Meridian Et, da gandería Campo de Lucín, en Dumbría (A Coruña), logra un ano máis a mellor puntuación para xovencas de máis de 18 meses

Dúas ganderías de Sarria e de Dumbría teñen as mellores becerras Frisoas de España

Campo 0383 Meridian Et nunha foto de 2016. Fonte: Crtvg/A Labranza

As últimas avaliacións xenéticas da Confederación Nacional de Frisona Española (Conafe) do mes de decembro revalidan o liderazgo de Galicia. Así, dous animais de ganderías de Sarria, en Lugo, e de Dumbría, na Coruña lograron a máxima puntuación no catálogo de mellores xovencas xenómicas de España.

A mellor vaca de España por índices xenómicos volve ser Campo 0383 Meridian Et

En concreto, na categoría de animais de máis de 18 meses, o número un de España foi para Campo 0383 Meridian Et, da gandería Campo de Lucín S.C., no concello coruñés de Dumbría. Esta vaca, nada no ano 2013, logrou unha puntuación GICO de 4.574 puntos. Nacida a través da técnica de transferencia embrionaria realizada pola empresa galega Embriovet & Embriomarket, este animal xa conseguiu o primeiro posto como mellor vaca de España por índices xenómicos na clasificación de Conafe do ano 2015, daquela cun índice de 4.506 puntos Gico.

Campo 0383 Meridian Et procede dun dos embrións de alta xenética que estes gandeiros decidiron mercar dentro do programa que están a levar a cabo con Embriovet para mellorar a xenética do seu rabaño. O seu pai é Sully Hart Meridian ET e a súa nai Bos Superstition Melodi ET. No seu pedigrí tamén destaca como primeira avoa Carters Comer Shot Melody EX90 e como terceira avoa Wesswood-Hc Rudy Missy-ET EX92 3E USA. Ademais, unha das súas fillas, Campo 1128 Wickham logrou na clasificación de Conafe de decembro o cuarto posto entre as mellores xovencas xenómicas de España de menos de 18 meses, cun índice Gico de 4.426 puntos.

A bastante distancia de Campo Meridian ET, e seguindo coa categoría de xovencas xenómicas de máis de 18 meses, dúas ganderías catalás logran o segundo e o terceiro mellor posto: Cavallería Mogul Medula logrou 4.227 puntos e Gener Bluba Bomero 1389 Et suma 4.170 puntos Gico.

O cuarto e o quinto posto foron para dúas ganderías luguesas: Baixo Castro Sargeant Silly Et, da gandería sarriana Baixo Holstein, logrou 4.138 puntos Gico e, moi de cerca, Cochero Maccutchen Carola Et, da gandería Casa Cochero, de Guitiriz, logrou 4.134 puntos. Son de destacar tamén os 4.104 puntos para Gayoso Brawler Olivia, da Granxa Gayoso Castro, que se situou na séptima posición, e os 4094 puntos de Grille Roxcinde 408 ET, unha vaca da gandería Grille Soc. Cooperativa Galega, de Mazaricos, que se sitúa no oitavo posto.

Baixo Jetset Silly logra un índice Gico de 4740 puntos e sitúase como a mellor xovenca de España

Na categoría de xovencas xenómicas de menos de 18 meses, as probas de Conafe confirmaron tamén o liderazgo das ganderías galegas. Así, Baixo Jetset Silly, da gandería sarriana Baixo Holstein, logrou un índice Gico de 4740 puntos e sitúase como a mellor xovenca de España.

Para Antonio Rodríguez, propietario desta gandería xunto coa súa muller Gloria e o seu fillo Yago, esta distinción non é unha sorpresa. “É unha tenreira da que esperábamos moito, porque a súa nai, Baixo Castro Sargeant Silly Et, xa foi número un de Gico, pero non sabiamos se ía dar eses números tan espectaculares”, recoñece.

Como características, Antonio destaca que “é un animal moi completo, que destaca polos rasgos secundarios moi altos e é a mellor xata en Rcs e en lonxevidade, sendo a cuarta do catálogo de Conafe en ubres”.

Esta gandería, que traballa con seme de Xenética Fontao, xenotipa o 100% das xovencas con máis potencial. No caso de Baixo Jetset Silly, Antonio avanza que os seguintes pasos serán inseminala “cos mellores touros disponibles no momento e dentro duns meses está previsto que pase a un programa intensivo para extraer embrións e de fecundación in vitro”.

A segunda mellor becerra xenómica de España é para Teixeiro Suprem Suba Fiv Et, da gandería Sat Teixeiro, da Pastoriza (Lugo), que logrou unha puntuación no índice Gico de 4.597 puntos. O terceiro posto foi para Gener Blue Silver 1516 Et, con 4.512 puntos, e propiedade da gandería catalana Mas Gener, mentres que o cuarto posto foi para Campo 128 Wickham, tamén de Baixo Holstein.

Consulta aquí o Catálogo de Mellores Tenreiras Xenómicas de máis de 18 meses. Probas de Conafe de decembro 2016

Consulta aquí o Catálogo de Mellores Tenreiras Xenómicas de menos de 18 meses.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información