Cuma Portaferreiros, en Trazo, instala unha báscula para pesar forraxes e materias primas

Cuma Portaferreiros, en Trazo, instala unha báscula para pesar forraxes e materias primas

Instalación da báscula en CUMA Portaferreiros, no concello coruñés de Trazo

A instalación de básculas de pesaxe está cada vez máis estendida nas ganderías profesionais para poder levar un control tanto das forraxes que se producen na propia explotación como das materias primas que entran (penso, palla, material para as camas do gando…etc).

Unha das últimas en instalarse en Galicia foi en Portaferreiros Sociedade Cooperativa Galega, unha CUMA de maquinaria agrícola que agrupa a 7 ganderías socias do concello de Trazo (A Coruña). A decisión foi adoptada por unanimidade e hai 15 días que a teñen en funcionamento, gratis para os socios, e cun custo de 3 euros por pesaxe para calquera outra persoa que queira utilizala (transportistas de madeira, de materiais de construcción etc.

A CUMA investiu 22.000 euros nesta moderna báscula, totalmente informatizada. Para José María, un dos gandeiros socios da CUMA, “para unha gandería profesional creo que é imprescindible a día de hoxe contar cunha báscula de pesaxe”.

“Non se trata só de comprobar que a cantidade de palla, penso ou material de camas que compraches se corresponde realmente coa que entra na explotación, senón tamén de poder pesar a herba e o millo que produce cada parcela, e así poder facer unha estimación máis real do terreo que realmente necesitas para cultivar a millo, para que non che acabe sobrando comida, que ao final son cartos que se perden”.

Os Irmandiños, unha cooperativa pioneira no emprego da báscula

As colleitadoras da cooperativa Os Irmandiños pesan as forraxes

As colleitadoras da cooperativa Os Irmandiños pesan as forraxes

A cooperativa Os Irmandiños, agora integrada en CLUN, foi pioneira en Galicia en implantar de forma xeneralizada a báscula de pesaxe.

“Contamos con colleitadoras con tolva que inclúen un sistema de pesaxe e no 2003 comenzamos un proxecto de I+D para conectar a pesadora a unha pantalla táctil e dispor así de datos de rendemento por cada finca e por cada socio, tanto de cultivo de herba como de millo. Son parámetros importantes porque nos dá unha estimación das producións reais de cada parcela e poder desta forma axustar o abonado, tanto orgánico como mineral”, explica Santiago Sousa Lema, director da Área de Cultivos e Mecanización de CLUN.

Ademais, dende o ano 2008 contan no seu centro de forraxes -CAVI- cunha báscula estática fixa, de forma que todo forraxe ou materia prima que entra ou sae é pesada. “Permítenos tamén afinar a báscula das colleitadoras”, engade Santiago Sousa. O uso desta báscula é gratis para os socios e custa 2 euros para persoas alleas á cooperativa.

Por último, na cooperativa mariñá contan cunha báscula portáil electrónica, con capacidade para pesar ata 2000 kilos, e que enganchada á pala do tractor é empregada polos socios para pesar rolos de herba, pacas…etc.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información