Críticas a Mercadona pola venda en España de produtos lácteos franceses

A OPL cuestiona que a cadea envase en Francia iogures, sobremesas lácteas e queixo fresco batido da súa marca branca. Pide que os consumidores se fixen na etiquetaxe dos produtos

Críticas a Mercadona pola venda en España de produtos lácteos franceses

Queixo fresco envasado en Francia. / Imaxe: OPL.

A venda de produtos lácteos franceses ou doutros países en supermercados españois suscita periódicas críticas do sector gandeiro, que pide que se cumpran os compromisos dunha etiquetaxe clara sobre a orixe dos lácteos. O malestar é patente con casos como o que saca agora á luz a Organización de Produtores de Leche (OPL), que critica a Mercadona por comercializar en España produtos lácteos da súa marca branca (Hacendado) que foron envasados en Francia.

A OPL achega imaxes de iogures, sobremesas lácteas e queixo fresco batido con orixe francesa e comercializados en España por Mercadona baixo a súa marca branca. “Empresas como esta deben pensar que nós podemos producir e despois regalar o leite”, critica José Alberto Martín, da OPL Castela e León.

A organización agraria aconsella aos consumidores que se fixen na etiquetaxe dos alimentos e pide que elixan produtos producidos e envasados en España.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información