Consanguinidade en vacún de leite (I): Situación actual e recomendacións

A consanguinidade en vacún de leite é un dos retos aos que se enfrontan os gandeiros. Abordamos este tema con José Antonio Jiménez, director do departamento técnico de CONAFE

Consanguinidade en vacún de leite (I): Situación actual e recomendacións

A consanguinidade en vacún de leite é un dos retos aos que se enfrontan os gandeiros. Abordamos este tema con entrevistas con expertos que nos ofrecen as súas recomendacións.

José Antonio Jiménez, director do Departamento Técnico de CONAFE: “Co progreso xenético aumenta a consanguinidade, pero por acumulación de xenes favorables”

¿É un problema grave a consanguinidade en vacún de leite?
É un problema naquelas gandarías que non dispoñen das ferramentas suficientes para xestionala ou en razas con pouco progreso xenético.

Afortunadamente, os gandeiros cuxos animais están inscritos no Libro Xenealóxico da raza Frisoa si dispoñen destas ferramentas que son o programa de axustes CONAFEMAT, que usa a xenealoxía completa dos animais e, por tanto, estímase de forma fiable a consanguinidade, e o xenotipado de femias que permite identificar os riscos máis importantes de cada individuo.

¿Que prexuízos pode provocar a consanguinidade no rabaño?
A consanguinidade indícanos a probabilidade de que unha posición do xenoma (Locus) presente o mesmo alelo en ambos os cromosomas debido a que proceden do mesmo antepasado; é dicir, o individuo recibiunos un da súa nai e outro do seu pai.

Neste sentido, existen xenes cun efecto negativo que só se expresan cando o individuo presenta dúas copias do mesmo alelo. Daquela, a consanguinidade está a indicarnos a probabilidade de que o animal presente estes efectos negativos. Nos casos extremos atopámonos con malformacións incompatibles coa vida do animal, por exemplo a Síndrome da Brachiespina, mortes embrionarias, ou problemas menos evidentes pero que limitan o potencial xenético do individuo.

¿En que niveis estamos en España e nos países da nosa contorna? ¿Cal sería un nivel de maior risco?
A media das becerras rexistradas no libro xenealóxico en 2018 foi de 6,86 mentres que a media das vacas vivas está en 5,64. Por tanto, o incremento nos últimos anos foi notable debido fundamentalmente á chegada da xenómica e o maior progreso xenético que trouxo.

Por exemplo, en 2012, o ano no que comezamos a publicar avaliacións xenómicas, a media de consanguinidade das xatas nadas foi 5,6 e o ICO 1950; en 2018, o ICO medio estaba en 2965 e a consanguinidade en 6,86. É dicir, pasamos de 348 a 432 puntos de ICO por punto de consanguinidade.

A mellora xenética consiste na acumulación de alelos favorables mediante a selección como reprodutores dos individuos que os portan, o que implica directamente un incremento da consanguinidade, neste caso positiva.

“Houbo un incremento da consanguinidade coa chegada da xenómica, pero en boa medida foi por acumulación de xenes favorables”

Se comparamos as medias por ano de valor ICO e nivel de consanguinidade, até a data, as vacas inscritas no libro presentan maior progreso xenético que incremento de consanguinidade. Por tanto, unha gran parte dese incremento de consanguinidade sabemos que se debe á acumulación de xenes favorables.

Polo comentado antes, todo incremento supón un maior risco, pero se conseguimos un bo progreso xenético, utilizamos programas de axuste e identificamos os principais relacionados con xenes recesivos, o risco a nivel de granxa está controlado.

¿Seguirá aumentando nos próximos anos coa maior utilización de touros non probados?
Si, pero non é problema se o progreso xenético aumenta máis e continuamos identificando e evitando os problemas máis graves.

¿De que ferramentas dispomos para reducir a consanguinidade ou os efectos negativos da mesma?
Os gandeiros reciben xunto ás avaliacións xenéticas a súa situación respecto da consanguinidade, tanto a media da granxa como por ano de nacemento. Estes son os valores de referencia. Tamén os poden consultar en SINBAD dentro da web de CONAFE.

Co programa de axustes CONAFEMAT poden deseñar axustes limitando a consanguinidade en base ao nivel actual da granxa.
Ademais, xenotipando poden coñecer os 14 xenes relacionados coa consanguinidade que provocan os problemas máis graves. Simplemente evitando cruzar unha vaca portadora dalgún deles cun touro que tamén o sexa, o problema desaparece. De novo o programa CONAFEMAT realiza esta tarefa de forma automática.

¿Que aconsellarías ao gandeiro para non incrementala até niveis prexudiciais?
Rexistrar os seus animais para ter a xenealoxía controlada, ser moi coidadoso coa información da inseminación e o parto para evitar erros de filiación, usar o programa CONAFEMAT tendo en conta o nivel de consanguinidade da granxa e, se se quere controlar coas máximas garantías, xenotipar as becerras para asegurar a filiación e coñecer a información de recesivos e utilizar xenética de alto nivel para ter moito progreso xenético.

Por último, puntualizar que unha vantaxe dunha raza cun censo tan grande como ten a raza Holstein, é a posibilidade de alcanzar un gran progreso xenético e ao mesmo tempo, grazas aos programas de avaliación, evitar aqueles individuos onde a consanguinidade se poda traducir en problemas para o gandeiro.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información