Clesa lanza ao mercado o Bombón Go e o Mini Bombón Kids Pouch

En formatos On the go e Pouch que facilitan o consumo do seu produto estrela Crema Bombón dentro e fóra do fogar

Publicidade
Clesa lanza ao mercado o Bombón Go e o Mini Bombón Kids Pouch

Clesa, industria láctea propiedade de varias cooperativas galegas, continúa apostando polas sobremesas lácteas, lanzando ao mercado Clesa Go Bombón e Mini Bombón Kids. E faino optando por formatos que facilitan o consumo do seu produto estrela, a Crema Bombón, tanto dentro como fose do fogar, on the go e pouch.

GO Bombón! é o único lácteo ao cacao en frío, co mesmo sabor inconfundible a cacaoda Crema Bombón. Consérvase 5 horas fóra da neveira e é ideal para os recreos dos nenos, as merendas, os picnics polo seu cómodo formato “on the go”, con cómoda tapa e formato ergonómico. Pensando nos máis maiores está dispoñible tamén na variedade Bombón con só 0,7% de materia graxa, para todos aqueles que necesiten ou queiran coidarse máis sen renunciar ao sabor de sempre.

Pola súa banda Mini Bombón Kids ten un sabor suave e unha textura cremosa, cun 50% menos de azucres engadidos. O seu formato Pouch faio ideal para os nenos ademais de práctico xa que se conserva tamén ata 5 horas fóra da neveira.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información