A produción de leite en Galicia aumentou en maio

Segundo os datos provisionais do FEGA en maio subiu un 4,4% respecto ao mesmo mes de 2014, mentres que no conxunto do Estado subiron un 6%. O prezo medio situouse nos 0,284 € por litro, o máis baixo de España

A produción de leite en Galicia aumentou en maio

Esta información corrixe á anterior na que se informaba dun descenso da produción de leite de vaca en Galicia no mes de maio. Pedímoslle disculpas aos nosos lectores:

Os datos de entregas de leite do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) correspondentes ao mes de maio, os últimos publicados, revelan que a produción de leite en Galicia aumentou lixeiramente respecto ao mes anterior polo efecto estacional da primavera. Sen embargo, se compramos os datos cos de maio de 2014 observamos un incremento de algo máis de 10.000 toneladas, un 4,4% máis, mentres que no conxunto do Estado a suba foi do 6%,

En concreto, durante o mes de maio os datos de entregas dos gandeiros de leite de vacún ascenderon en Galicia a 235.022 toneladas, fronte ás 225.204 de maio de 2014, o que supón un incremento do 4%. No conxunto do Estado as entregas de leite aumentaron interanualmente ata as 617.721 toneladas, fronte ás 582.721 de hai un ano, o que supón unha suba do 6%.

Entre as comunidades que máis aumentaron a súa produción destacan Cataluña, Castela a Mancha, Aragón ou Andalucía.

Galicia mantense cos prezos máis baixos do Estado

Polo que respecta ao prezo medio en maio na comunidade foi de 0,284 € por litro, por debaixo da media estatal, que foi de 0,306 € por litro. No mes de abril os prezos medios foran de 0,288 e 0,311 € por litro, respectivamente.

En maio do ano pasado os prezos estaban en Galicia nunha media de 0,356 euros por litro e en España en 0,365 €.

Descarga aquí o informe do FEGA de declaracións obrigatorias do sector de vacún de leite durante o mes de maio de 2015.

Descarga aquí o informe do FEGA de declaracións obrigatorias do sector de vacún de leite durante o mes de maio de 2014.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información