LARSA_CISTERNA_1

Balance do mercado internacional do leite en 2018

O Observatorio do Mercado Lácteo da Comisión Europea publicou este venres un balance da situación do mercado en 2018.

As principais conclusións son as seguintes:

-Aumenta un 1,2% a produción de leite na UE: As entregas foron un 1,2% superiores de xaneiro a outubro de 2018 respecto ao mesmo período de 2017, o que se traduce en +1.54 millóns de toneladas máis.

-Lixeiro aumento do prezo do leite en novembro: O prezo medio ponderado do leite en orixe na UE aumentou en outubro de 2018 nun 3,1%, até os 0,359 euros / kg. Este foi o quinto mes con movemento ascendente (+ 12% de incremento desde maio de 2018).

Aínda que este prezo é un 4.3% máis baixo que en outubro de 2017, con todo é un 3.7% máis alto que a media dos últimos 5 anos. Para novembro, as estimacións notificadas polos Estados membros sinalan un lixeiro aumento (+ 0,2%) no prezo de leite até os 0,36 euros / kg.

-Prezos do leite en Estados Unidos, Nova Zelandia e Australia: A produción de leite en Nova Zelandia aumentou un 5,8% en outubro de 2018, quinto mes da súa tempada, en comparación con outubro de 2017 (+ 5,8% para período de xuño a outubro). Os prezos do leite diminuíron en outubro un 2.8% até os 0,279 euros/ kg e foron 15.5% máis baixos que en outubro 2017.

En Australia a produción de leite en outubro de 2018 (cuarto mes da tempada 2018/19) é 5.7% máis baixa que en outubro de 2017. Diminúe un 4,0% para o período xullo-outubro.

A produción de leite nos Estados Unidos aumentou en outubro de 2018 nun 0,8%, o que significa un aumento acumulado de 1.1% en 2018. O prezo do leite en orixe diminuíu un 2.0% (0,342 euros/ kg) en comparación con setembro de 2018, que é 4.7% máis baixo que en outubro de 2017.

-Baixa o leite spot en Holanda e Italia en decembro: Os prezos nos mercados de leite spot baixaron en decembro. En Italia, o prezo do leite diminuíu nun 2.6% (de 0,46 a 0,448 euros / kg) respecto de novembro. Porén, é un 15% superior respecto ao nivel do ano pasado. Nos Países Baixos, o prezo do leite spot diminuíu o pasado mes nun 9.6%. (desde 0,365 até 0,3305 euros / kg). Non obstante, este prezo é un 83% máis alto que en 2017.

-Sobe en decembro o prezo do leite desnatado en po e baixa a manteiga: Os prezos medios dos produtos lácteos na UE aumentaron o mes pasado para o leite desnatado en po SMP (+ 6.8%) e queixo emmental (+ 1.7%), mentres que baixaron a manteiga (-2.0%), o queixo cheddar (-2.4%), edam (-2.3%) e gouda (-1,4%) e mantívose estable para o leite enteiro en po WMP e soro de leite en po.

-No mercado mundial observáronse diferentes tendencias en cotizacións lácteas expresadas en dólares do últimos quince días. Así, en canto á manteiga os prezos en Oceanía e en Estados Unidos diminuíron (-3.5% e -3.1% respectivamente); os prezos de SMP aumentaron na EE. UU. (+ 1.5%) e na UE (+ 2,0%), mentres que diminuíu en Oceanía (-1,9%). A UE sigue sendo o produtor máis caro para a manteiga e o queixo cheddar. Estados Unidos é o máis caro para o leite en po. Oceanía é máis competitiva para a manteiga e leite enteiro en pó (WMP), a UE para o leite desnatado en po (SMP) e para o queixo cheddar.

mercado_lacteos_ue

-Caen un 3% as exportacións da UE de xaneiro a outubro: As exportacións da UE no primeiros dez meses de 2018 diminuíron en volume de leite condensado (-19%), leite enteiro en po WMP (-13%), manteiga (- 10%) e aceite de manteiga (-12%), mentres que aumentou para soro de leite en po (+ 4%) e leite desnatado en po SMP (+ 4%) e mantívose estable para os queixos.

As exportacións da UE neste período, expresadas en equivalente de leite, estiveron 3% por baixo do ano pasado, mentres que o valor caeu un 9%.

Até outubro de 2018, a EE. UU. seguían sendo o principal mercado exterior de produtos lácteos para a UE. As exportacións de queixo, sen embargo, baixaron un 5% en comparación co pasado ano. Xapón foi o segundo no ranking de exportación de queixos europeos (+ 13%), seguido de Suíza (+ 3%), Corea do Sur (-21%) e Arabia Saudita (- 17%).

Os Estados Unidos foron o principal destino da manteiga da UE no período de xaneiro a outubro de 2018 (83% procedente de Irlanda), cun 5% de incremento. China, Arabia Saudita, Singapur e Xapón foron os outros destinos principais para a manteiga da UE, cunha diminución do 3% para China (principalmente de Francia); Arabia Saudita (65% das exportacións son de Dinamarca) diminuíu os seus volumes nun 21%, seguido de preto por Singapur (+ 21%; 44% de Holanda) e Xapón (+ 37%; 56% de Holanda). As exportacións de manteiga da UE tamén aumentaron en Corea do Sur (+ 16%) e Marrocos (+ 17%; 51% de orixe Irlanda).