Aprobado o convenio entre a Consellería e o Ligal ata o ano 2020

O Consello da Xunta aprobou este xoves un novo convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), que prevé realizar 1,5 millóns de mostras anuais para mellorar a xenética do vacún de leite de Galicia

Aprobado o convenio entre a Consellería e o Ligal ata o ano 2020

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitando as instalacións do Ligal

O Goberno galego aprobou este xoves na súa xuntanza semanal a sinatura dun novo convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) para a realización dos análises de mostras de leite procedentes do control leiteiro do gando vacún de Galicia. Esta colaboración permitirá facer durante os vindeiros catro anos ata un total de 1.467.741 mostras anuais.

O orzamento total destinado para estas actuacións é de 1.820.000 euros, a razón de 455.000 euros para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020. Esta vez, o convenio ten carácter plurianual para, desta forma, asegurar a estabilidade na execución do plan, ao tempo que se mellora a súa xestión económica a un custo axeitado e eficiente.

A finalidade desta cooperación na realización de análises é a obtención de datos para avaliar xeneticamente os reprodutores e poder desenvolver o Programa de Mellora Xenética de Frisón de Galicia. Este programa ten por obxecto poñer á disposición dos gandeiros galegos material xenético de alta calidade producido en Galicia para obter animais máis selectos e eficientes na produción de leite e, deste xeito, mellorar a súa competitividade.

Laboratorio oficial Laboratorio oficial

O Ligal é o laboratorio designado por decreto como entidade oficial para realizar os análises das mostras de leite dos controis leiteiros oficiais de todas as especies en Galicia e para colaborar coa Consellería de Medio Rural no control leiteiro. Organiza a loxística da recollida e análise das mostras de leite e pon á disposición das asociacións provinciais de control leiteiro os datos obtidos para o seu posterior tratamento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información