A OPL convoca unha concentración gandeira este luns en Santiago

A Organización de Productores de Leche protesta pola crise de prezos do leite e polo que consideran inacción da Administración

A OPL convoca unha concentración gandeira este luns en Santiago

O sector lácteo volve á rúa tras unha última campaña sen conflictividade.

O sector lácteo volve ás rúas este luns tras unha última campaña sen mobilizacións. A progresiva caída dos prezos en orixe do leite, que semellan ter tocado fondo nos contratos propostos estos días pola industria, é o principal motivo esgrimido pola Organización de Productores de Leche (OPL) para convocar unha protesta este luns 6 de abril ante a Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela.

A OPL xa convocara en principio unha concentración para o 24 de marzo e unha posterior folga de entregas, pero días antes da protesta decidira desconvocar ambas accións co argumento de que era preferible dialogar co resto de organizacións do agro en busca de convocatorias unitarias de todo o sector. Sen embargo, en nota de prensa remitida hoxe, a Organización de Productores de Leche optou de novo por convocar en solitario unha concentración, que se desenvolverá este luns 6 de abril ás 12 horas ante a Xunta de Galicia.

A mobilización ten a súa orixe nos baixos prezos do leite e na imposibilidade de negociar contratos coa industria, que segue a marcar de xeito unilateral as condicións, segundo a OPL. A organización tamén se amosa descontenta co que considera unha desinformación da Administración sobre a posible supertasa e critica a perda de patrimonio que supuxo o fin das cotas lácteas, sen que houbera ningún tipo de compensación para os gandeiros.

Na concentración do luns, a parte de gandeiros, participarán representantes de empresas de servizos do agro, tamén afectadas pola crise do sector, segundo indica a OPL en nota de prensa.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información