A auga de choiva ocupa ata o 40% da capacidade das foxas de xurro non cubertas

Juan Castro Ínsua, investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo-INGACAL, explica neste artigo os prexuízos económicos para o gandeiro e medioambientais que supón non cubrir as fosas de xurro

A auga de choiva ocupa ata o 40% da capacidade das foxas de xurro non cubertas

Fosa de xurro sen cubrir

Con arredor de 9.000 ganderías de vacún de leite e uns 2,5 millóns de toneladas anuais, Galicia é a novena rexión europea en produción láctea. Sen embargo, as explotacións galegas teñen unhas condicións extremas en comparación co resto das principais rexións produtoras de leite da UE, xa que son as que se sitúan na zona de maior pluviometría no período de outono inverno, que axuda a diluír a contaminación por nitratos, así como na zona de menor pluviometría no período de primavera verán.

Como vantaxes, as explotacións galegas, dispoñen dun período de crecemento vexetativo máis longo, o que permitiría ampliar o período de aplicación do xurro como abono de abril a outubro.

Precipitacións medias nas principais comarcas gandeiras de Galicia nos últimos doce meses e simulación da proporción de auga de choiva e xurro nas fosas non cubertas

PRECIPITACIONS_GZ

Nesta gráfica ofrécese unha simulación de como estarían de cheas de auga de choiva as fosas descubertas, este ano, para unha altura de fosa de 2,7 m (2700 mm). A auga ocuparía desde un mínimo do 32% en Ribadeo, ata o 98% en Santa Comba, ou o que é o mesmo, a capacidade de almacenamento de xurro quedaría reducida desde un mínimo do 32% ata un máximo do 98%, o que obrigaría a facer “malas prácticas de abonoado”, e perder o nitróxeno. O cambio climático fai prever que estes episodios de choivas concentradas sexan cada dez máis frecuentes.

Esta situación obriga ás explotacións a realizar unha xestión do xurro na que a dimensión da fosa e as súas características (fundamentalmente, con cuberta ou non), ocupan un lugar central. Para coñecer os datos da realidade do sector, partimos da investigación realizada no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo no ano 2013, no que se clasificaron as daquela 11.884 granxas de leite en seis estratos crecentes de toneladas de cota láctea (Q), 1 (Q ≤ 25 t), 2 (25 t <Q ≤ 75 t), 3 (75 t <Q ≤ 175 t), 4 (175t <Q ≤ 325 t), 5 (325 t <t Q≤ 500) e 6 (Q> 500 t), que representa o 12%, 22%, 29%, 20%, 10% e 7 % das explotacións, respectivamente, e 1%, 6%, 18%, 24%, 20% e 31% da cota leiteira, respectivamente.

Características das fosas de xurro e datos relevantes das explotacións:

CIAM_XURRO_03

Fonte: CIAM

Aínda que era de esperar que as fosas da provincia de A Coruña tiveran maior porcentaxe de cubrición debido a maior pluviometría, non se atoparon diferenzas por provincias. Obsérvase que o dimensionamento (m3/UGM) aumenta en relación ao tempo de estabulación, excepto para o último estrato.

Na seguinte táboa estímase o volume de auga recollido polas fosas non cubertas en función da. área de fosa (calculada para unha profundidade media de 2,7 m), e da pluviometría media recollida nas principais zonas produtoras de Galicia. Como se pode observar, ata un 40% da capacidade da foxa é ocupada por auga de choiva, cos problemas que isto conleva (hai que baleirar a fosa máis veces, o xurro é de peor calidade …etc).

Estimación do volume de auga de choiva recollido nas fosas de xurro abertas en tres localidades representativas da produción de leite en Galicia

CIAM_XURRO_02

Unha situación que contrasta coa dos principais países produtores de leite de vaca da Unión Europea, nos que, malia contar en moitos casos con menor pluviometría que Galicia, a porcentaxe de fosas de xurro cubertas é moi superior.

As fosas de xurro nas zonas leiteiras mais importantes da UE

CIAM_XURRO_01

Fonte Eurostat 2013 e inquérito CIAM 2013

Unha cubrición das fosas podería diminuír o dimensionamento das mesmas, evitando que entre unha media de 1000 mm de auga de choiva (1 m ) nos meses de outono –inverno. Ademais, o xurro melloraría o seu contido de materia seca ata acadar unhas porcentaxes de entre o 9 e o 11%, sen que se produzan perdas de Nitróxeno e aforrando custos na compra de abono mineral.

Estratexias de dimensionamento das fosas de xurro para o seu aproveitamento óptimo como abono en Galicia

Explotacións intensivas:

Para as explotacións intensivas (Estratos 4, 5, e 6), sen pastoreo, onde o millo é o cultivo principal, o que permite manexar o xurro sen diluír, é recomendable:

-Cubrir as fosas,

-Período de almacenamento de 6 meses para poder enterrar o xurro, en abril ou maio, para abonar o millo,

-Dimensionamento de 13-14 m3 por UGM, que incluiría as feces, ouriños, augas de limpeza da sala de espera. Este volume se poderá diminuír en función do tempo que o gando está fora do establo

Resto de explotacións:

-Dada a importancia do pastoreo nos estratos 1, 2, e 3 deberase facer un cálculo do tempo que o gando está dentro do establo,

-É conveniente que o xurro estea diluído (máximo un 6% de MS) para mellorar a infiltración evitando que se forme costra e minimizando as perdas de nitróxeno amoniacal, polo tanto só será necesario cubrir as fosas en zonas de alta pluviometría como é a zona atlántica de Galicia,

-O período de almacenamento debería ser de 4-5 meses,

-Capacidade da fosa de 9-10 m3 por UGM (en fosas cubertas), debendo aumentar a capacidade en función da pluviometría específica da zona nas fosas descubertas

Estratexia de cara a implantación de medidas agroambientais

-Dado que as condicións edafoclimáticas de Galicia son en xeral mais complicadas para facer unha boa xestión do xurro que no resto das principais rexións europeas, debido á maior pluviometría rexistrada no período de outono inverno, a maior pendente das parcelas, o minifundio etc. E tendo en conta a non existencia de zonas vulnerables, se poderían xustificar a implementación de medidas agroambientais ou para mellora da calidade das augas (Directiva Cadro del Agua) deseñadas para mellorar a xestión do xurro como abono (cubrición de fosas, aumento do dimensionamento a 6 meses, etc ) que se poderían financiar a través do PDR 2014-2020, cunha porcentaxe de financiamento europeo moito máis elevado que a que se contempla nos planes de mellora.

-As posibles melloras ambientais que xustificarían ditas medias agroambientais serían:

-Redución de emisións de óxido nitroso e amoníaco atmosfera

-Redución do consumo de gas oil (menos viaxes de cisternas pola cubrición das fosas).

-Redución de emisións indirectas polo menor do consumo de fertilizantes sintéticos

-Mellora da calidade das augas subterráneas e superficiais

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información