Data inicio: 18/10/2018
Data fin: 18/10/2018
Lugar: Edificio Administrativo da Xunta Pontevedra
O vindeiro xoves, 18 de outubro, celébrase no Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra unha xornada técnica sobre “Presente e futuro do cultivo da oliveira en Galicia”, un cultivo con tradición no país e que se está a recuperar nos últimos anos, animado polos altos prezos do aceite de oliva galega.
A asistencia é gratuíta previa inscrición. Pódese descargar aquí a folla de inscrición, que se deberá enviar cuberta ao Servizo de Explotacións Agrarias por: fax. 886 20 65 88 ou email a explotacionsagrarias.cmr.pontevedra@xunta.gal
Programa:
09.00 h Acto de apertura
09.15 h “A historia da desaparición das oliveiras en Galicia. Da agricultura orgánica á industrial”. D. Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea. HISTAGRA-USC
10.00 h “O cultivo actual da oliveira en Galicia”. D. José Antonio García. Presidente da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAG)
11.00 h “Recuperación do oliveiral e as oliveiras autóctonas de Galicia”. Dna. Carmen Martínez. Investigadora Científica do CSIC e directora do Grupo de Viticultura e Olivicultura na Misión Biolóxica de Galicia
12.00 h Pausa-café
12.30 h “Calidade e sanidade do material de plantación”. D. Antón Vázquez Caamaño. Técnico do Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra. Consellería do Medio Rural
13.00 h “Aceite de Galicia, unha posible indicación xeográfica?”. D. Ricardo Rivas Barros. Subdirector Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria. Consellería do Medio Rural
13.30 h “REAGA e axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións de oliveiras”. D. Luis Costal Andrade. Técnico do Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra. Consellería do Medio Rural
14.00 h Comida
16.00 h Experiencias na produción e comercialización de aceites de oliva:
ACEITES ABRIL D. Rubén Gutiérrez García Tembleque. Responsable do Departamento de Agro
OURO DE QUIROGA D. Julio Quiroga Zarauza
OLIVICULTOR D. Paulino Sánchez Rodríguez
18.00 h Cata de aceites