Unha investigadora galega avanza na loita contra a bacteria Psa do Kiwi

O Campus Terra da USC avanza na detección, identificación e causas do chancro bacteriano do kiwi en Galicia. A bióloga betanceira Aitana Ares Yebra aborda na súa tese, dirixida por Pedro Mansilla, María Jesús Sainz e Olga Aguín, a incidencia e a extensión da patoloxía en Galicia

Unha investigadora galega avanza na loita contra a bacteria Psa do Kiwi

Plantación de kiwi

A follaxe amoreada durante os meses de outono e inverno nos solos das plantacións de kiwi constitúen un reservorio para a P.syringae pv. actinidiae., causante do chancro bacteriano do Kiwi, segundo conclúe a investigación de doutoramento que vén de presentar na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC a licenciada en Bioloxía Aitana Ares Yebra baixo o título ‘Detección,identificación e caracterización de Pseudomonas syringae pv. actinidiae en Actinidia spp. en Galicia’.

Ares Yebra aborda na súa tese de doutoramento, dirixida por Pedro Mansilla,  director da Estación Fitopatológica de O Areeiro; María Jesús Sainz Osés, profesora do Departamento de Produción Vexetal da USC na Escola Politécnica Superior, e Olga Aguín Casal, da sección de bioloxía molecular da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, unha radiografía respecto da incidencia, xeneralización e casuísticas do chancro bacteriano do kiwi nas plantacións existentes en Galicia.

A PSA é a enfermidade que ocasiona maiores perdas económicas nas plantacións de Kiwi

O chancro bacteriano do kiwi, causado por Pseudomonas syringae pv. actinidiae (Psa), é a enfermidade que ocasiona maiores perdas económicas no cultivo das principais  especies produtoras de kiwi, Actinidia deliciosa e A. chinensis, no mundo. Daquela, ante esta alta incidencia desta patoloxía na produción de kiwi, Aitana Ares abordou no marco da súa investigación de doutoramento, inspeccións de material vexetal sintomático en plantacións de kiwi localizadas nas catro provincias galegas en 2011 y 2012. O obxecto destas pescudas non era outro que o de coñecer a extensión da enfermidade e as características das poboacións de Psa.

Este traballo de campo realizado por Ares Yebra posibilitou achar illados de Psa virulentos na provincia de Pontevedra, onde se comprobou que afectaban a plantas de A.deliciosa‘Hayward’ e ‘Summer’ e A. chinensis ‘Jintao’ e ‘Belén’. Detectouse asemade por vez primeira en España unha poboación de Psa de baixa virulencia nunha plantación da Coruña. A avaliación de técnicas de detección en savia mostrou ademais que o diagnóstico de Psa en extractos de líquido de xilema pode constituír unha ferramenta eficaz para a detección da bacteria causante desta enfermidade en plantas asintomáticas.

Tribunal de tese e cualificación

O catedrático do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC Manuel Luis Lemos Ramos presidiu o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Aitana Ares Yebra. Mª Carmen Salinero Corral, adxunta ao xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, e o profesor titular do Departamento de Fisioloxía Vexetal da UDC Federico Pomar Barbeito, completaron a relación de membros do tribunal, que cualificou esta tese con sobresaínte cum laude.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información