Recomendan tratar as maceiras contra o moteado

Aviso fitosanitario da Estación Fitopatolóxica do Areeiro

Publicidade
Recomendan tratar as maceiras contra o moteado

Síntomas de moteado. Autor: Estación do Areeiro

Reproducimos a continuación o último aviso da Estación Fitopatolóxica do Areeiro relativo aos tratamentos da maceira durante esta semana:

Moteado
A humidade foliar unida a temperaturas bastante altas provocou a aparición de novos síntomas en maceiras que hai tempo que non se protexen con funxicidas. Recorden que este patóxeno pode rachar a froita, polo que se aconsella renovar os tratamentos en caso de non o facer nos últimos días.

Polilla da maceira
En dous dos tres terreos da nosa rede volveu superarse o albor de tolerancia por número de capturas nas trampas (nesta praga as capturas si teñen relación directa cos danos futuros). Como sempre dicimos, o voo dos adultos é continuo ao longo da campaña, de onde a importancia de manter a protección para limitar os danos á froita.

Pulgóns
En xeral observamos un incremento notorio do parasitismo de ninfas de pulgón laníXero polo seu parasitoide Aphelinus mali. De pulgón verde obsérvanse algunhas colonias, pero como os seus danos se limitan aos brotes, non requiren de momento tratamento.

Araña vermella
En plantas de diferentes zonas da provincia vimos xa os característicos síntomas desta praga. Se esta é a situación, é necesario tratar.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información