Prevese que este ano se constrúan 20 pozos para ampliar o regadío na Limia

Prevese que este ano se constrúan 20 pozos para ampliar o regadío na Limia

Reunión do Comité de Seguimento de Regadíos da Limia

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, presidiu esta mañá en Ourense a reunión do Comité de Seguimento de Regadíos da Limia, onde destacou que a Consellería do Medio Rural destinará un total de 1,6 millóns de euros para modernizar os regadíos desa zona. Desta cantidade, explicou, o 20 por cento será asumido polos regantes da zona.

Pérez Dubois sinalou que o proxecto de modernización, o cal estará adecuado á declaración de impacto ambiental que sairá publicada este verán, consiste na construción de 20 novos pozos de auga para o subministro das comunidades de San Salvador de Sabucedo, Corno do Monte, Lamas Ganade e Alta Limia. Esta primeira fase debería concluír no outono coa construción dos pozos, e debería ter continuidade nos próximos anos coa posta en marcha da rede de distribución ata as parcelas. En total as obras terían un orzamento de 36 millóns de euros e ampliarían a superficie regada en 4.150 hectáreas.

“Levamos máis de 20 anos esperando polas obras de regadío, algo que nos permitirá aumentar a produtividade das parcelas de forma considerable. Esperamos que desta vez o compromiso das Administracións sexa real, e por parte dos regantes imos cumprir aportando o 20% do presuposto”, comenta o presidente dunha das comunidades de regantes.

Asistentes

A esta reunión asistiron a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, os alcaldes dos concellos de Xinzo de Limia, Porqueira e Trasmiras, representantes das catro comunidades de regantes, persoal da empresa pública Tragsa e técnicos da Consellería do Medio Rural.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información