Presentan en Galicia o primeiro manual sobre mellora xenética de legumes

Presentan en Galicia o primeiro manual sobre mellora xenética de legumes

Antonio de Ron, á dereita

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) presentou hoxe na súa Delegación Institucional en Galicia “Grain Legumes” (Leguminosas de Gran), obra publicada pola prestixiosa editorial Springer, de NuevaYork, e editada polo profesor de investigación do CSIC en Galicia Antonio De Ron Pedreira.

De Ron destacou que a obra “constitúe o primeiro manual publicado a nivel internacional acerca da mellora xenética das leguminosas de gran, principal fonte de proteína vexetal en todo o mundo, e cuxo cultivo contribúe á mellora sustentable do medio ambiente debido á súa capacidade de fixación biolóxica de nitróxeno e os seus efectos sobre o solo”.

“Grain Legumes” reúne en 438 páxinas o principal estado da cuestión acerca dos oito principais cultivos de leguminosas de gran, prestando especial atención aos aspectos crave para a mellora xenética da especie.

Os autores pertencen a organismos públicos de investigación, universidades públicas e entidades de 27 países de Europa, América, Australia e Asia. Por parte do CSIC colaborou, ademais de Antonio De Ron, persoal do grupo de Bioloxía de Agrosistemas da Misión Biolóxica de Galicia (MBG).

Nun primeiro bloque a obra dedícase á orixe, a evolución, a biodiversidade, a mellora xenética e as principais características dos oito principais cultivos de leguminosas de gran: xudía, guisante, garavanzo, lentella, faba, altramuces, capú e almorta.

As leguminosas de gran teñen un alto contido en proteínas

“O feixón chega a España desde América  e é a base da alimentación proteica en Asia e América; o chícharo emprégase moito como compoñente proteico en pensos para animais;  a produción de garavanzo en España baixou notablemente nos últimos anos; a lentella ten unha gran tradición culinaria en España; o consumo de caupí e faba está a ser substituído en España polo de xudía; os altramuces teñen un contido proteico moi elevado e a almorta, cuxo consumo é pouco frecuente en España, emprégase fundamentalmente para facer as gachas”, apunta  De Ron.

“Por tanto, algúns destes cultivos son moi populares e utilizados no noso país tanto para consumo humano como animal, e outros están infrautilizados. En xeral, todos teñen en común que son, debido ao alto contido de proteína das súas sementes, candidatos atractivos para a redución do déficit na produción da proteína vexetal en todo o mundo”, sinala Antonio de Ron.

Necesidade de realizar unha mellora xenética das leguminosas de gran

Entre os factores que afectan o seu rendemento están o déficit hídrico e estreses abióticos, como frío ou salinidade, e bióticos, como enfermidades bacterianas e fúngicas, e diversas pragas de insectos. “Por elo, a comunidade científica debe avanzar, a través da mellora xenética, cara a unha produción e unha calidade máis estable e sustentable destas variedades”, destaca De Ron.

Nun segundo bloque, o libro dedícase a presentar o estado da cuestión sobre cinco grandes temas comúns ás leguminosas de gran: simbiose leguminosas-rizobios;: valor nutritivo; sementes e germinación: bioloxía reprodutiva e sistemas de cultivo.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información