Curso de poda e enxerta de árbores froiteiras

Data inicio: 02/02/2019
Data fin: 03/02/2019
Lugar: Casa das Insuas, Calle José Pardo, Rábade, España

O C.E.N Casa das Insuas e o concello lucense de Rábade organizan os vindeiros 2 e 3 de febreiro un “Curso Teorico-práctico de poda e enxerto en árbores froiteiras”, que será impartido por Helio Baamonde, agricultor en ecolóxico.

O curso constará dunha breve charla teórica e a parte práctica realizarase no Xardín das Froiteiras.

Programa:

Sábado 2 de febreiro de 10:00 a 14:00 h.: Poda de árbores froiteiras. Os asistentes poderán levarse as estaquillas da poda para realizar enxertos.

Domingo 3 de febreiro de 10:00 a 14:00 h.: Enxerto en árbores froiteiras. Os asistentes levaranse unha planta enxertada.

Para as actividades no exterior recoméndase roupa e calzado de traballo para o campo e adaptados a meteoroloxía.

Prezo: 30 € (10 € os socios da AGCT e os empadroados en Rábade). Inscricións e info: [email protected]  ou no 680560882 (Alba).

19-02-02 - Poda e enxerto froiteiras

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información