Claves para un almacenaxe axeitado das patacas

Claves para un almacenaxe axeitado das patacas

Unha das opcións que se lle presentan ós agricultores da Limia e doutras comarcas pataqueiras de Galicia nesta tempada é almacenar as patacas ata os meses de xaneiro e febreiro para optar a prezos altos, tal e como parece que se vai presentar a campaña.

Neste sentido, Servando Álvarez, director do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro da Limia, centro dependente da Deputación de Ourense, subliña que a almacenaxe deberá contar cunhas condicións fitosanitarias e de conservación para evitar danos na colleita.

Servando Álvarez aporta algunhas das claves a ter en conta na almacenaxe:

– A maior parte da produción da Limia destínase a fritir polo que a temperatura de conservación non poderá ser inferior a 8 grados centígrados. De conservarse por debaixo desa temperatura activaríanse unha serie de reaccións na pataca que provocan que quede negra ó fritirse.

– Esta temperatura nun ambiente pechado propicia que, polo propio proceso fisiolóxico da pataca, haxa un ambiente moi húmido no almacén o que conleva que se produza condensación que pode causar enfermidades por fungos ou bacterias.

Por iso, para lograr un bo almacenaxe das patacas é preciso:

– Contar cun almacén ben illado para conservar esa temperatura

– Sistemas de ventilación que poidan introducir aire ó almacén de xeito que se reduza o risco destas afeccións.

– É preciso forzar a ventilación non só na parte superior do montón senón mediante túneles de ventilación e ventiladores para acceder ó interior deste.

– Unha vixilancia constante do montón para detectar a tempo as patacas que poidan estar afectadas por brotes destas afeccións.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información