APAG PREMIOS ACEITE OLIVA

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia entrega os seus primeiros premios

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAAG) entregou este sábado en Quiroga os seus primeiros Premios á colaboración con APAAG. Trátase dun recoñecemento que pretende destacar a labor de persoas e institucións que apoian á asociación e ao desenvolvemento do sector do aceite en Galicia nos últimos anos.

Os galardóns, que se entregaron nun acto celebrado na Almazara Ouro de Quiroga, foron para a Fundación Juana de Vega, o Centro Superior de Investigaciones Científicas, a Consellería do Medio Rural e para Charo Andrade, asociada de APAAG que está a difundir o aceite galego pola península, e outros países como México.

Estes premios son os primeiros que entrega a Asociación de Produtores de Aceite de Galicia, e reuniron a un amplo número de persoas desde asociados a convidados e entre os que estivo o Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez. Tamén contouse coa presenza de representantes institucionais das zonas de tradición olivareira: sur de Lugo, zona da Montaña de Ourense ou o Ribeiro -, así como de outros grupos que colaboran coa APAAG na defensa do sector.

O conselleiro de Medio Rural defende que se aposte polas variedades galegas de oliveiras

O conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, puxo en valor o “magnífico traballo” realizado polos investigadores do CSIC para identificar e acadar o recoñecemento oficial de dúas variedades de oliveira autóctonas de Galicia, como son a brava e a mansa galegas. Estes técnicos constataron ademais que ambas presentan un alto nivel de adaptación ás condicións climáticas da comunidade e que son orixinais tanto pola forma das follas da planta ou do froito como tamén polas características dos aceites que producen. “Temos, pois, variedades con personalidade propia, ben definida, algo fundamental para distinguirnos no mercado”, sinalou José González.

Medio cento de produtores de aceituna e aceite de oliva

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia naceu en decembro do 2014, pretendendo agrupar nunha mesma entidade a todos os produtores de aceite e aceituna do territorio galego para asesorar sobre todo o relativo á cultivo das oliveiras. Hoxe en día conta con máis de 100 socios/as e máis de 130 hectáreas plantadas, que suman un total de 140.000 oliveiras.

Entre os obxectivos fundamentais da asociación está o impulso de toda a tradición olivareira existente en Galicia, consolidando un sector en crecemento que sexa viable como unha das alternativas á hora de valorizar o medio rural galego. Desde a APAAG, acompañan aos socios/as no asesoramento e mellora das plantacións con formacións, apoio e colaboracións en investigacións, publicacións… Todo isto apostando por unha futura Denominación de Orixe que recoñeza a calidade do aceite de Galicia.