Xornadas sobre a estratexia forestal de Pontevedra

O Concello de Pontevedra organiza unha sesión de debate sobre as liñas de traballo e perspectivas dos montes da provincia. Participan Administracións, colectivos empresariais, propietarios e centros de formación e investigación

Publicidade
Xornadas sobre a estratexia forestal de Pontevedra

Cartel das xornadas.

Data inicio: 30/09/2017
Data fin: 30/09/2017
Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra, España

O Pazo de Cultura de Pontevedra acollerá o sábado 30 unhas xornadas adicadas a analizar as liñas de traballo actuais que hai sobre o monte e as perspectivas de futuro. O evento, organizado polo Concello de Pontevedra, leva por título ‘Tecendo redes: estratexia forestal de Pontevedra’.

A xornada contará con dous bloques, un de mañá, no que participarán centros de formación e investigación, adicado a explicar as liñas actuais de traballo no monte; e un segundo, á tarde, no que falarán propietarios, colectivos empresariais e Administración.

O programa é o seguinte:

Bloque 1. Liñas de traballo do sector forestal

9.45 horas – Presentación da xornada. Concello de Pontevedra.

10 h. – Intervención do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Isabel Bernad, directora do Centro).

10.40 h. – Escola de Enxeñería Forestal (Universidade de Vigo) – Juan Picos, director da Escola.

11.20 h. – Pausa.

11.40 h. – Estación Fitopatolóxica de Areeiro (Deputación de Pontevedra) – Pedro Mansilla, director da Estación.

12.20 h.– Misión Biolóxica de Galicia (Csic) – Rafael Zas, xefe do Servizo de Xenética e Ecoloxía Forestal.

13 h. – Centro de Investigación Forestal de Lourizán. – Enrique Martínez (director do Centro).

Bloque 2 – O sector forestal en Pontevedra

16 h. – A propiedade comunal. – Iván Pérez. Presidente da Mancomunidade de Montes de Pontevedra.

16.15 h. – A propiedade privada. – Luciano Guimeráns, presidente da Asociación de Propietarios de Montes do Morrazo.

16.30 h. – Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia. José Manuel Iglesias (presidente do Clúster).

16.45 h. – O sector servizos: Serfoga – Alejandro Arias, tesoureiro da Asociación de Empresas de Servizos Forestais de Galicia.

17 h. – Consellería do Medio Rural. – Manuel Gutiérrez, xefe provincial do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais.

17.15 h. – Debate: Tecendo a rede. Modera Demetrio Gómez (Concello de Pontevedra).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información