Xornadas en Lourizán sobre o piñeiro e sobre restauración en montes queimados

O Centro de Investigación Forestal inicia este mes un plan de actividades de transferencia tecnolóxica que continuará ao longo do outono

Xornadas en Lourizán sobre o piñeiro e sobre restauración en montes queimados

Área queimada cuberta con palla para evitar a erosión.

Data inicio: 19/10/2017
Data fin: 26/10/2017
Lugar: Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Marín, España

Este mes de outubro o Centro de Investigación Forestal de Lourizán programou dúas actividades de transferencia, unha adicada ó material forestal de piñeiro e outra orientada á restauración de montes queimados. Ambas xornadas, das que se publicou estes días información na web de Lourizán, están dirixidas a técnicos, empresas do sector e propietarios forestais.

A xornada sobre o material forestal reproductor de piñeiro desenvolverase o xoves 19 de outubro. A sesión tratará tanto sobre o piñeiro do país (Pinus pinaster) como sobre o insigne (Pinus radiata). Entre os temas que se abordarán, figuran cuestións como o programa de mellora xenética do piñeiro en Galicia ou a necesidade de contar con materiais forestais axeitados nas novas plantacións.

Para os días 25 e 26 de outubro están previstas tamén xornadas sobre planificación de tarefas de rehabilitación urxentes de áreas forestais queimadas. O primeiro día adícase a analizar medidas de mitigación da erosión e de xestión de montes que arderon, en tanto o segundo día farase unha visita a Arbo para comprobar os traballos realizados durante o último ano, tras o gran lume do verán do 2016.

Pódense consultar aquí os dípticos informativos da xornada sobre o piñeiro e tamén o das xornadas de rehabilitación de áreas queimadas.

Para novembro están previstas novas xornadas sobre castiñeiro, cerdeira e queimas prescritas como tratamento preventivo dos lumes forestais.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información