Xornada sobre as posibilidades e silvicultura das plantacións forestais de cerdeira

O Centro de Investigación de Lourizán acolle este martes 7 unha sesión orientada a divulgar os ensaios realizados polo centro

Publicidade
Xornada sobre as posibilidades e silvicultura das plantacións forestais de cerdeira

Campo de ensaio de cerdeiras en Lourizán.

Data inicio: 07/11/2017
Data fin: 07/11/2017
Lugar: Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Marín, Pontevedra.

A cerdeira é unha das especies sobre as que o Centro de Investigación Forestal de Lourizán orientou as súas investigacións nos últimos anos, pois considérase de interese para o monte galego. Este martes 7, o Centro organiza unha xornada para explicar as posibilidades, usos e silvicultura que precisa a especie. A sesión, de asistencia gratuíta, precisa de inscripción previa a través do correo electrónico infolourizan.mr (arroba) xunta.gal.

O programa da xornada é o seguinte:

9:00 – Presentación
Representante da Dirección Xeral de Ordenación Forestal

9:15 – Situación actual das masas de cerdeira.
Relator: Santiago Barciela García.
(Centro de Investigación Forestal de Lourizán).

9:45 – Emprego de frondosas na prevención/expansión do incendio.
Relator: Enrique Martínez Chamorro.
(Director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán)

10:15 – Os clons de cerdeira rexistrados como materiais forestais de reprodución.
Relatora: Mª Eugenia Miranda Fontaíña.
Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

10:45 – A biotecnoloxía ao servizo da produción de frondosas de calidade.
Relatora: Marga Fraga.
(Cultigar).

11.15 – Descanso.

11:45 – Visita a unha plantación clonal de cerdeira.
Relatora: Mª Eugenia Miranda Fontaíña.
(Centro de Investigación Forestal de Lourizán)

12:15
A madeira de cerdeira en serradoiros e como materia prima de talla,
cestería e pequeno moble.
Relatores: Rafael Peláez, Enrique Táboas.

12:45
Mesa redonda
Josefa Fernández López, Enrique Martínez Chamorro
María Eugenia Miranda Fontaíña
Centro de Investigación Forestal de Lourizán

14:30 – Debate.

Anexo

Folla de inscripción (Pdf).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información