Xornada sobre o programa de mellora silvícola do piñeiro en Galicia

Publicidade
Xornada sobre o programa de mellora silvícola do piñeiro en Galicia

Imaxe da plantación no 2016 dun dos ensaios de piñeiro de Lourizán. / Arquivo.

Data inicio: 24/10/2019
Data fin: 24/10/2019
Lugar: Pazo de Quián, Sergude, Boqueixón

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán desenvolverá o día 24 unha xornada divulgativa sobre o seu programa de mellora silvícola para o piñeiro en Galicia. O acto desenvolverase nunha primeira parte no Pazo de Quián, ao carón do Centro de Formación Agroforestal de Sergude (Boqueixón, A Coruña), e incluirá a continuación unha visita a unha parcela de ensaio en Frades (A Coruña). Está previsto comezar ás 9.15 horas e ter rematado ás 14 horas.

O programa de mellora silvícola de Lourizán iniciouse no 2016 co obxectivo de definir as melloras técnicas silvícolas para obter plantacións de piñeiro de calidade e de alta produtividade. Na xornada, presentaranse os primeiros resultados obtidos nos ensaios de fertilización de arranque, preparación do terreo e emprego de diferentes materiais de reprodución.
O programa da xornada é o seguinte:

– 9:15 – Presentación da xornada. Enrique Martínez Chamorro ‐ Director do CIF de Lourizán

– 9:30 – Antecedentes do programa de mellora sílvicola. Relator: Gabriel Toval Hernández (Enxeñeiro de montes).

– 10:00 – Programa de mellora silvícola do piñeiro: primeiros resultados. Relatora: Eva Prada Ojea (Investigadora do CIF Lourizán).

– 10:30 – Pausa.

– 11:00 a 14:00 – Visita á parcela de ensaios silvícolas de Frades (A Coruña).
Relatores: Carlos Iglesias Dapena (FINSA), Esteban Gómez García (CIF Lourizán), Sergio Frade Castro (CIF Lourizán) e Raquel Díaz Vázquez (CIF Lourizán).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información