Xornada este venres en Santiago sobre creación de tecidos a partir da madeira

Publicidade
Xornada este venres en Santiago sobre creación de tecidos a partir da madeira
Data inicio: 25/10/2019
Data fin: 25/10/2019
Lugar: Centro Galego de Arte Contemporánea, Rúa de Ramón del Valle Inclán, Santiago de Compostela, España

PEFC GALICIA organiza este venres, 25 de outubro, un seminario sobre como as árbores axudan ao mundo da moda sustentable. Celebrarase en Santiago de Compostela no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), e trátase dunha acción gratuíta, aberta ao público e cofinanciada pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), en colaboración coa Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo.

“Os bosques son fonte inesgotable de recursos: madeira, cortiza, resina, cogomelos, castañas,… e tamén de tecido. As fibras de celulosa máis populares no mercado son a Viscosa, Modal e Lyocell. Co avance da tecnoloxía, os procesos de extracción son cada vez máis sustentables, polo que son unha alternativa máis limpa a outras fibras sintéticas (derivadas do petróleo) e tamén ao algodón”, explican dende PEFC Galicia.

Neste sentido, destacan que “a produción de tecidos de orixe forestal consome 1/3 da enerxía e 60 veces menos de cantidade de auga que a mesma produción de tecidos de algodón”.

Certificado PEFC de moda sustentable para a producida a partir da madeira

PEFC traballa para promover a rastrexabilidade das fibras celulósicas ao longo da cadea de subministración, axudando aos deseñadores de moda e ás marcas a garantir a través da etiqueta PEFC que a súa roupa e calzado procede dunha xestión forestal sustentable certificada.

Na xornada intervirán Marta Salvador, directora técnica de PEFC España, que falará da iniciativa “Forest For Fashion”; Jose Antonio Mazorra, director de compras e RSC de Téxtil Santanderina, S.A., o primeiro produtor de tecido certificado en Cadea de Custodia PEFC a nivel internacional; Mónica Rodríguez, deseñadora galega con pequenas alternativas para un gran cambio, e Paloma G. López, CEO de The Circular Project e presidenta da Asociación de Moda Sustentable de Madrid. O acto de apertura correrá a cargo de Montserrat Rodríguez, directora de Innovación de XERA.

Máis información: [email protected], 981523736.

Velaquí o programa:

XORNADA PEFC MODA

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información