Xornada de presentación da iniciativa LandsCare

Xornada de presentación da iniciativa LandsCare

Que os propietarios poidan recibir ingresos por conservar e manter os montes. Ese é o obxectivo do novo proxecto Landscare iniciado por COSE co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Esta iniciativa contribúe ao desenvolvemento rural e á conservación dos montes a través dun sistema de pago por servizos ambientais (PSA) que captura os valores naturais en forma de micropagos aos propietarios agroforestais e comunidades de montes veciñais en man común que custodian estes valores.

O sistema LandsCare, xa en funcionamento, ofrece en forma de app de descarga libre para Android e Iphone, unha guía de interpretación do territorio para o usuario. Esta plataforma está concebida para mostrar os valores que albergan os nosos montes e os labores necesarios para o seu mantemento. O usuario ten a posibilidade de apoiar este labor mediante a compra voluntaria dun selo virtual co que obter descontos en establecimentos comerciais cercanos. Os ingresos xerados son recibidos directamente polo propietario.

LandsCare presentarase este mércores, 13 de xullo, en Vigo, na Sociedade Cultural e Deportida Atlántida, na rúa Canteiros, 53, Matamá. O obxectivo da sesión é presentar a ferramenta e o seu uso práctico e poñer en común posibles propostas e melloras desde o uso por parte dos propietarios forestais.

Programa

19.00 h. Presentación
Carlos Hermida García, vicepresidente de Montes Veciñais da Asociación Forestal de Galicia

19.10 h. “A plataforma LandsCare para propietarios agroforestais”
Belén Zubieta de Piquer. Técnica do proxecto LandsCare de COSE

20.00 h. Preguntas, propostas e melloras.

20.30 h. Conclusións e peche
Uxío González Pérez, presidente de Montes de Vigo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información