Tres montes galegos acollerán novas investigacións sobre a extracción da resina

O grupo operativo Acrema, constituído por empresas e colectivos de Galicia, Castela e Asturias, emprende un proxecto para valorar a extracción da miera en piñeirais produtores de madeira

Publicidade
Tres montes galegos acollerán novas investigacións sobre a extracción da resina

Resinado dun piñeiral.

Un grupo operativo suprautonómico, con financiación do Plan de Desarrollo Rural 2014-2020, está comezando un proxecto para valorar a extracción de resina de piñeirais produtores de madeira. A iniciativa, na que participan empresas, institucións e colectivos de Galicia, Asturias e Castela, fará traballos de campo en tres montes galegos, entre outros enclaves. Son o monte veciñal Xalo (Culleredo, A Coruña), o monte veciñal Ferroedo (Ferreira de Pantón, Lugo) e o monte veciñal Barbanza, Enza, Xián, Dordo, Costa de Abaixo e Sobrado (Porto do Son, A Coruña).

O obxectivo do proxecto é valorar innovacións na extracción da resina e definir un modelo de produción optimizado que teña en conta a produción de madeira e a extracción de resina. Outra das cuestións que se evaluarán serán as posibles repercusións do resinado sobre a sanidade das masas de piñeiros e, en concreto, sobre o nematodo e o seu vector de transmión.

O novo grupo operativo, denominado Acrema, conta coa participación de Letme Soluciones, a Plataforma de Enxeñería en Madeira Estrutural (Pemade, Universidade de Santiago), a Misión Biolóxica de Galicia – CSIC, Fearmaga, o Centro Tecnológico y Forestal de la Madera (Castela), as empresas Rincón de la Vega y Resinas Naturales e a Asociación para la Defensa y Reorganización del sector resinero.

Contexto
En Galicia, cómpre lembrar que o Centro de Investigación Forestal de Lourizán vén desenvolvendo desde hai tres anos unha liña de investigación que xa fixo unha proposta sobre o modelo de produción de resina recomendado para Galicia. Este ano, logo de tres anos de resinación nun piñeiral de Caldas de Reis, está previsto que se evalúe a calidade da madeira resinada, a fin de determinar se hai algunha variación significativa na mesma.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información