Reunións informativas pola ampliación da zona demarcada do nematodo do piñeiro

A Asociación Forestal de Galicia organiza dous actos informativos en Tomiño e Vigo nos que se lle prestará asesoramento a comunidades de montes veciñais e propietarios particulares

Reunións informativas pola ampliación da zona demarcada do nematodo do piñeiro

Pinos afectados polo nematodo en Portugal. / Imaxe: CIF Lourizan.

A ampliación da zona demarcada polo nematodo a todo o sur da provincia de Pontevedra, tras a detección de cinco novos focos este ano, obriga a todo o sector forestal a prestar atención á normativa que trata de conter a expansión da praga. Ante a inquedanza que se está a xerar entre as comunidades de montes e os propietarios forestais, a Asociación Forestal de Galicia (AFG) organizou dúas reunións informativas de acceso libre con montes veciñais e propietarios afectados pola medida.

O primeiro acto informativo celebrarase en Tomiño este sábado 16 a partir das 20 horas no salón de plenos do Concello de Tomiño (Praza do Seixo, número 1). A segunda charla desenvolverase en Vigo o venres 22 de febreiro ás 19.30 horas. Será no local social da comunidade de montes veciñais de Coruxo (Subida San Sebastián, nº 23. Fragoselo – Coruxo).

Nas reunións, a Asociación Forestal de Galicia aportará información técnica e explicará as medidas adoptadas pola Xunta, así coma as restriccións que representan estas medidas para os propietarios forestais.

A AFG tamén lle trasladará ás comunidades de montes e ós particulares a súa experiencia na xestión de cortas e traballos forestais na zona demarcada de As Neves, a primeira zona demarcada en Galicia polo nematodo do piñeiro, no 2010.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información