Resolución das axudas para transformación forestal

As subvencións, que suman uns 10 millóns de euros, permitirán cofinanciar 120 proxectos de empresas madeireiras

Publicidade
Resolución das axudas para transformación forestal

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as resolucións

A Consellería do Medio Rural vén de resolver as axudas para investimentos en tecnoloxías forestais. As achegas divídense en dúas ordes, unha cofinanciada polo Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020, que beneficiará a 114 empresas; e outra liña dirixida a grandes serradoiros que lle aportará achegas a 6 firmas do sector. En total, as dúas liñas de subvencións rondan os 10 millóns de euros, para un investimento total de 29 millóns de euros.

A liña de axudas cofinanciada polo PDR orientouse a facilitar investimentos en maquinaria, así como tecnoloxía para viveiros forestais ou á posta en marcha de plans empresariais con criterios de xestión forestal sostible.

En canto ás axudas para serradoiros con máis de 10.000 metros cúbicos de produción, as achegas orientáronse tanto á adquisición de maquinaria como a obra civil para naves de serrado e almacenamento de madeira.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información