Publicada a resolución das axudas para plans de ordenación de montes

Publicidade
Publicada a resolución das axudas para plans de ordenación de montes

A Consellería do Medio Rural vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o listado provisional de beneficiarios das axudas para instrumentos de ordenación de montes. Na resolución, constan un total de 173 beneficiarios, que recibirán coantías moi variables para a realización de instrumentos de ordenación. A menor axuda sitúase en 765 euros, en tanto que a maior supera os 77.000.

Os beneficiarios provisionais teñen agora 15 días para presentar a documentación que se lles require. Este prazo contará a partir de mañá, salvo que con antelación se accedese ó requerimento individual da documentación. Se así fose, o prazo para presentar a documentación conta a partir da data da citada consulta.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información